Tres semanas despois da sua marcha a arranxar os papeles de permiso de traballo en Uruguai, Diego Rolán chegou a Coruña o pasado Domingo e ainda que non adestrou o luns, no que houbo sesión de recuperación e adestramento dos que non xogaron e os lesionados en fase de readaptación, podería o uruguaio comezar a adestrar co grupo mañán martes, smpre e cando non chegue con algunha molestia previa realización dos protocolos COVID-19.
Con todo esto o xogador sudamericano do Depor terá 2 semanas escasas para tratar de convencer a Fernando Vázquez de que pode entrar na convocatoria para Guijuelo, o 22 de Novembro, (en principio libre de trocos).
Diego Rolan ten de agora en diante a oportunidade de amosar o porqué da sua fichaxe no 2017. Non chegou a xogar nunca coa elástica deportivista en encontro oficial e ata o de agora só foi un negocio de cesión para as arcas deportivistas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia