Diego Lobelos e Óscar Leis levan duas boas tempadas no Muxía.
O Muxía CF que en breve disputará a Fase de Ascenso da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, así como a Copa da Costa, ven de informarnos de que
Diego Lobelos e Óscar Leis comunicáronlle o clube muxián que non van a continuar unha vez terminada a tempada. Nos mentideiros do fútbol afeccionado coméntanse que o tandem formado por Lobelos e Leis, podería facerse cas rendas do SD Fisterra a vindeira tempada, cousa que ainda é un rumor, e que pode ser mentira.
O clube da Vila da Barca coméntanos que : “Despois de catro anos traballando tanto no primer equipo como nas categorias inferiores deciden poñer fin a unha etapa na que o club deu un paso adiante en moitos aspectos e logrando asentar as bases dun futuro esperanzador e facendonos disfrutar dun xogo vistoso e reconocido polos nosos rivais cada semana, na retina quedan esas 17 victorias consecutivas e unha semifinal de copa ben fermosa ante o Fisterra, ou as actuales 23 semanas sen perder”.
Lobelos e Leis continuarán na Fase e na Copa : “De aquí o final de tempada seguirán tratando de sumar máis momentos nestas dúas xornadas de liga que nós quedan, a fase de ascenso e copa da costa sénior e xuvenil…Dende o club só temos palabras de agradecemento hacia eles e desexarlle as mellores das sortes no seu futuro. Moitas gracias e Muxía sempre será vosa casa”, remata desta maneira o comunicado que nos mandan desde eo Muxía CF.
-Foto : piratasdemuxia
-Texto : Xosé Búa “Pirata”, e comunicado do Muxía CF