Era un segredo a voces no día de onte a volta de Diego Gómez Pérez (Amoeiro, Ourense, 31 de xullo de 2004), ao Dépor e o final na mañán de hoxe confirmábao o clube deportivista.
Un xogador que estaba cedido no CD Arenteiro de Primera Federación, club no que xogaba desde o pasado verán en calidade de cedido, cunha obrigación de xogar aqueles minutos e coa opción do Depor a repescalo. Diego Gómez aproveitou os minutos e convertise nunha peza fundamental no equipo do Carballiño. Non ha de sentar nada ben no clube quedar sen él, pero os contratos as veces non se cumpren de todo nas opcións e as veces, coma nesta, si.
No club ourensán participou en 20 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 2 goles e repartiu 3 asistencias. O extremo ourensán, con contrato até xuño de 2028, chegou ao Club no verán de 2019 procedente do Pabellón CF Ourense para incorporarse ao Cadete A branquiazul.
Na súa segunda temporada en Abegondo, pasou ao Xuvenil B, aínda que Óscar Gilsanz contou con el en 2 partidos co Xuvenil A que acabou conquistando a segunda Copa de Campións de División de Honra da historia do Club. Na súa terceira campaña, o futbolista amoeirés participou en 3 dos 5 encontros (todos saíndo desde o banco) que o Deportivo disputou na UEFA Youth League, incluído o da eliminación ante o FC Dynamo Kyiv, ante o que marcou o seu penalti na quenda de desempate.
Diego Gómez cumpre o seu segundo ano senior, despois de xogar unha temporada completa (2022-23) co Fabril (27 partidos, 25 como titular e 6 goles), en Tercera Federación no seu último ano en idade xuvenil. O xogador ourensán debutou co filial deportivista en 2021-22 no seu segundo ano como xuvenil.
Na temporada pasada, 2023-24, a pesar de sufrir unha lesión que o mantivo apartado dos terreos de xogo durante máis de tres meses, Diego Gómez xogou 17 partidos co Fabril en Segunda Federación. Deses encontros, 16 foron como titular, nos que marcou 7 goles e repartiu 6 asistencias. Ademais, o 23 de setembro do 2023 debutou co primeiro equipo en partido oficial, no choque da 5ª xornada do grupo 1 de Primera Federación ante a UE Cornellà (1-1), disputado en ABANCA-RIAZOR.
-Foto e texto : RC Deportivo/deportivo.es/Xosé Búa “Pirata”