DIEGO GÓMEZ RENOVA ATA 2030 CO DEPOR.

O RC Deportivo ampliou o contrato de Diego Gómez Pérez (31 de xullo de 2004, Amoeiro, Ourense) ata 2030.

O canteirán regresou ao Club o pasado 23 de xaneiro, tras disputar a primeira parte da tempada cedido no CD Arenteiro de Primera Federación, club no que militaba desde o pasado verán.

Diego Gómez xa participou en 3 partidos de LaLiga Hypermotion ás ordes de Óscar Gilsanz.

Antes de regresar á disciplina deportivista no pasado mercado de inverno, o canteirán branquiazul disputou 20 partidos no Arenteiro, todos eles de titular, nos que anotou 2 goles e repartiu 3 asistencias.

O extremo ourensán chegou ao RC Deportivo no verán de 2019, procedente do Pabellón Ourense CF para incorporarse ao Cadete A branquiazul.

Na súa segunda tempada en Abegondo, pasou ao Xuvenil B, aínda que Óscar Gilsanz contou con el en 2 partidos co Xuvenil A que acabou conquistando a segunda Copa de Campións de División de Honra da historia do Club. Na súa terceira campaña, o futbolista amoeirés participou en 3 dos 5 encontros (todos saíndo desde o banco) que o Deportivo disputou na UEFA Youth League, incluído o da eliminación ante o FC Dynamo Kyiv, ante o que marcou o seu penalti na quenda de desempate.

Diego Gómez cumpre o seu segundo ano de senior, despois de xogar unha temporada completa (2022-23) co Fabril (27 partidos, 25 como titular e 6 goles), en Tercera Federación, no seu último ano en idade xuvenil. O xogador ourensán debutou co filial deportivista na temporada 2021-22 no seu segundo ano como xuvenil.

Na temporada pasada, Diego Gómez xogou 17 partidos co Fabril en Segunda Federación. Deses encontros, 16 foron como titular, nos que marcou 7 goles e repartiu 6 asistencias. 

O 23 de setembro do 2023 debutou co RC Deportivo en partido oficial, no partido da 5ª xornada do grupo 1 de Primera Federación ante o UE Cornellà (1-1), disputado en ABANCA-RIAZOR.

-Foto e texto : rcdeportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies