DIEGO ESTÉVEZ, (SD Fisterra) : “VEXO UN ENCONTRO DURO E DE MOITA INTENSIDADE O QUE NOS ESPERA NA FINAL DA COPA DA COSTA”.

Diego Estévez un puñal na banda dereita fisterrá.

 

Diego Estévez, (Fisterra-30/12/2002), e un dos xoves xogadores da casa, e de enorme valor no seu equipo, dono da banda dereita, buscará a vitoria para os seus na Gran Final da “LVII Copa da Costa”, que como xa vos vimos adiantando dende o remate das semifinais, xogarán o SD Fisterra e o SCD Esteirana, no “A Fontenla”, (Santa Comba), este vindeiro Domingo 3 de Xullo, a partires das 19:00 horas, tal como vos informamos de toda actualidade na previa, (PREME AQUÍ).

Estévez é xogador feito na base da SD Fisterra, do que pasou ao CF Dumbría, na Liga Galega Cadete e na Liga Galega Xuvenil, para pasar a División de Honra Xuvenil, co Calasánz, da Coruña. Campión da Liga da Costa, e Copa da Costa, na categoría cadete, co Fisterra, ademáis de acadar importantes permanenzas. A nivel individual foi unha vez máximo goleador da Liga Galega Xuvenil, co CF Dumbría.

 

 

Diego ve ao seu equipo : “Moi motivado e con moitas ganas de traer esta copa para todos os fisterráns que sempre tiveron debilidade por este torneo”.

No que se refire ao seu rival na Gran Final, o SCDR Esteirana : “Polo pouco que vin deles, vexo un equipo moi ben armado, e sobre todo son xente que levan moito tempo xogando xuntos, polo que espérome encontrar un gran equipo, sumandolle o plus de que é unha final, nas que todo o mundo da un paso máis”.

Se falamos do partido en sí, para Estévez o encontro non vai ser doado : “Vexo un partido duro, e con moita intensidade, no que os dous teremos as nosas opcións, e teremos que dar o máximo para ter esa sorte, e levarnos esa copa que tanto desexamos”.

Fronte a fronte, como xa pasou a semana pasada en Muxía, vanse a atopar duas das mellores fafeccións da Costa, desas que acompañan ao equipo a tódolos lados, nas boas e nas malas, e Diego Estévez, quer ter unhas palabras para a sua : “Primeiro de todo agradecer a todos eles o gran apoio durante toda a temporada, e nesta copa volven reafirmar que son a mellor afección da costa, polo que sei que van estar aí desde o primeiro minuto, e oxalá lle podamos devolver todo o que fan por nos…VAMOS AMIJOSS, VAI POR VÓS!!!”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies