Se foi toda unha sorpresa a voráxime de fichaxes anunciados en menos dunha hora, un traballo de moitos días por detrás, ata que Diego Rolán e Rober Pier liberaron cota no tope salarial, tamén foi unha gran sorpresa cando pasada media hora do peche do mercado o RC Deportivo anunciaba a decisión de rescindir contrato antre o clube e o lateral esquerdo Diego Caballo.
Os rumores durante estes días de que Extremadura podería ser o novo destino do lateral esquerdo habida conta de que de novo o clube estaría con 3 ca chegada de Salva Ruiz, son agora máis fortes e podería chegar a carón de Manuel Mosquera como axente libre o rescindir contrato.
O noso maior desexo para Diego Caballo, que todo lle vaia ben e o noso agradecemento a todo canto deu polo noso clube.
Coas novas incorporacións así quedan os dorsais para o Depor 2019/20
O Memorial Moncho Rivera unha ocasión para ver os novos
Mañán mércores 4 de Setembro o Depor xoga ante o Racing de Ferrolo “Memorial Moncho Rivera” de tipo benéfico e que orgañiza o Victoria CF. Neste encontro teremos a ocasión de ver seguramente aos novos, Sasa Jovanovic, Francisco Montero, Víctor Mollejo e Salva Luis.
Esto é o que terán os novos ata o encontro ante o Albacete do sábado:
Mércores 4 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo
20:00: Racing de Ferrol – Deportivo, na Malata
Xoves 5 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo
Venres 6 de setembro
10:30: Adestramento en Abegondo
Sábado 7 de setembro
16:00: Deportivo – Albacete Balompié, no Estadio de Riazor.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es