DIEGO AGUIRRE SOFRE UNHA LESIÓN NOS ISQUIOS I É PROBABLE QUE NON CHEGUE O PRIMEIRO CHOQUE DA LIGA.

 

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo realizaron probas médicas complementarias a Diego Aguirre co obxecto de comprobar o alcance exacto das molestias sufridas sufridas por Diego Aguirre no adestramento de onte en Abegondo.

Tal e como apunta o clube : “Os galenos branquiazuis comprobaron unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna dereita. Así pois, Aguirre estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia  e, en función da súa evolución, pasará á fase de readaptación física co readaptador Álex Canosa, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo”.

De non ser que teña unha melloría repentina, como xa ten pasado outras veces, e chegase para o choque do vindeiro Domingo, a partires das 21:30 horas, ante o Vigo B, no Estadio de Riazor. Primeiro choque da 1ª RFEF 2021/22, que en principio non será televisado pola TVG2, coma o ano pasado ao non haber acordo, (a día de hoxe), con Footters, que ten unha oferta para os socios deportivistas para toda a tempada a un coste de reducido de 50 euros, con opción a ver a nosa liga así como outras nacionais e intrnacionais.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo