DIA ESPECIAL PARA MIGUÉL VERÁN QUE ACABOU MAL EN CAMELLE

Miguel Verán sufreu a pasada semana a rotura do tímpano.

 

O xove muradán, Miguel Verán, o que piratasdemuxia.es veu crecer como futbolista dende benxamín, chegaba onte ao “Campo O Rodeiro” de Camelle para xogar co seu equipo UD Monte Louro, ante o SD Camelle, tal día coma ese do 2000 acababa de nacer, polo que estaba de cumpreanos. Non lle importou que a semana pasada sufrira a rotura do tímpano por un balonazo desafortunado, que lle obrigado a xogar coa orella vendada, (os afeccionados creían que tiña vendado un pendente), nen estar de onomástica, nen o tempo, que era de cans, (como se soe decir, ainda que os cans merecen mellor tempo). O xove, nun equipo de homes, loitou contra os adversario pola banda dereita do ataque lourés, contra as malas condicións meteorolóxicas, e contra o campo, que estaba coma aqueles que recorda a xente máis vella, o daquel fútbol de homes con pelo no peito, como se diría naquel entonces, barro, auga, e sangue nos xeonllos.

A xornada non acabou da mellor das maneiras, para Miguel Verán, o seu equipo non gañou, (1-1), e por enriba tivo que ser sustituido no minuto 73 o sufrir un golpe no xeonllo, que lle impideu completar o encontro e sair coxeando do campo. Golpe que esperamos e desexamos que non sexa máis ca eso.

 

Intre no que sae lesionado.

 

Por iso lle queremos adicar este pequeno artigo, pola sua entrega, e compromiso, a pesares de todo o que vos contamos, amosando moita maduréz e pasión.

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.