DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020.

 

Hoxe é o “Día das Letras Galegas” un día de celebración das nosas letras, coma se fose un cumpreanos que cada ano dende o 17 de Maio de 1963, ca sua primeira edición adicada a Rosalía de Castro celebramos, cando éramos rapaces na escola, despois seguímolo celebrando de diferentes maneiras e desta volta dunha forma “rara” por mor do COVID-19.

Este ano está adicado ao escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero, (Ferrol, 30/10/1910-Compostela, 25/03/1990), que asinaba como Ricardo Carbalho Calero. Coma cada ano non podemos esquecer os muxiáns a figura do ilustre muxián Gonzalo López Abente, (Muxía, 1878/1963), que morreu xusto no ano que se comezaba a adicar as nosas letras a un persoeiro destacado da nosa literatura.

Como fan outros medios de comunicación a nosa web non lle fai falla homenaxear as nosas letras escriindo en galego, a portada ou algún que outro artigo. A nosa web fala sempre en galego e cando alguén nos manda un artigo en castelán poñémolo e respetámolo, pero nós a pesares de ter algún medio que nos ofereceu a probabilidade de axudarnos a crecer se pasáamos o castelán, seguimos en galego e hoxe en día cada día máis de 30.000 persoas e habendo superado as 50.000 nun día, seguen a nosa web que o mesmo tempo é a web da emigración galega da nosa zona, (en especial), para seguir o noso deporte e todo o que poñemos. Outros grandes medios da nosa terra deberían resppetar a nosa lingua e escribir moito máis nos seus xornais e radios, que incluso en zonas de maioría galego parlantes emiten en castelán bordeando o ridículo.

 

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

 

-Fotos-montaxe e Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.