DÍA “A”, “B” “C” “D”….DÍA DA PENÚLTIMA FINAL

Día da penúltima final

Namentras os derradeiros 4 anos sufrimos día a día coa soga o pescozo e salvámonos sobre a campá ou coma o ano pasado baixamos, este ano levamos varias finais a tenor da importanza dos encontros, e en todos eles con equipos que loitan ata o derradeiro suspiro e que poden trocar un resultado no desconto, e ata nós o vivimos en carne propia, de maneira negativa moitas máis veces que de maneira positiva, a derradeira ante o propio Mallorca o que lle gañamos en liga fai unhas semanas por 1-0 de panlti no minuto 94 e tralo penalti acabouse o encontro e foi clave para entrar na promoción.

Hoxe e´unha final máis das moitas que vivimos esta tempada, para buscar a cabeza da liga o primeiro, para entrar no ascenso direto pola segunda praza despois, para non sair dos postos de ascenso seguidamente e para entrar neles o final. Consigueuse entrar e tivemos outras duas finais ante o Málaga, sen dúbida o mellor equipo da categoría, ao que lle pesou os borróns durante a tempada para non levarse o campionato e para caer despois ante os nosos, tras apostar todo a unha carta esta tempada polo ascenso cunha inversión enorme ata na mercado de inverno.

Hoxe temos a primeira das duas derradeiras finais, (e xa van unhas cuantas), están todos convocados para facer grupo e logo dos 18 serán 11 máis os trocos os que debarán convertir hoxe un Riazor que estará ata a bandeira nunha festa de cara a seguinte e definitiva final do vindeiro Domingo 23 de Xuño, día do “Lume” en Galicia víspera de San Xoan e a ver se día da volta a 1ª División que tanto fai falla de cara ao económico, ainda que no deportivo pola desiguadade de trato, sexa unha verdadeira mer…

Só podemos desexarlle o equipo “boa proa!!!”, neste  Día “A”, “B”, “C”, “D”…

Depor Vs Mallorca

Día : 22 de Xuño 2019

Hora : 21:00

Campo : Estadio de Riazor

Árbitro : Trujillo Suárez.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es