“DÍA 1 SEN XIMO NAVARRO”.

Mañán sábado na Malata será o “Día 1 sen Ximo Navarro”, xogador polivalente que se vai a notar e moito polo que aporta o equipo e ao xogo. Un xogador polivalente que non baixou de 6 nos 30 encontros que disputou nesta tempada e que alcanzou o sobresainte en varios encontros, por citar algún recente, contra o Eibar en Ipurúa, ante o Almería en Riazor e ante o Oviedo no Carlos Tartiere.

A pesares dos seus 35 anos, a sua velocidade a hora de atacar e defender fixérono unha peza imprescindible, i estaba a piques de renovar automaticamente. Ainda terá tempo de acadalo pero vese difícil salvo que se adianten moito os procesos de recuperación xa que se estima en 6 encontros a sua combalecencia, maís logo o proceso de recuperción a intensidade do xogo.

No que vai de tempada xogou de lateral destro, (o seu forte), e de lateral esquerdo, facendo por intres as veces de interior ou de central, segundo a posición dos seus compañeiros. Marcou 4 goles, (record na sua carreira), e deu duas asistencias, ademáis de participar en moitos dos goloes depertivistas.

A calquer equipo que se lle quiten xogadores da talla de Lucas Pérez e Ximo Navarro sería un punto de depresión. Foise Lucas e deixou unha lagoa por non decir lago, a hora do balón parado. Pasamos de meter medo só con velo colocar o balón a non dar nin preocupación. Con Ximo pérdese unha peza fundamental na temible banda dereita con él e o seu socio Mella. Está Petxaroman que non lle chega a cuarta parte do seu nivel i hai talento na canteira para suplilo e esperemos que chegue para acadar os puntos que fan falta para asinar a permanenza.

Mañán sábado 29 de Marzal, (16:15 horas/14:15 GMT), na Malata ante un rival que querrá sacar a única alegría que ten, que non é outra ca de gañar este encontro, teremos o primeiro día sen Ximo, que se perdería xa o encontro polo vermello que veu ante o Cartaxena, pero de non ser a lesión nas vértebras xa estaría para xogar ante o Cadiz en Riazor 0 6 de Abril ás 21:00 horas, i non é o mesmo saber que só é un encontro ca saber que pode ser mes e madio ou ata final de tempada…crucemos os dedos.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies