DETALLES E RELEVANCIA DO RETORNO DE LUCAS PÉREZ O DEPOR.

Lucas amosou no campo o que dixo días antes…amor o Depor.

 

Cando se especulou co retorno de Lucas Pérez no mercado estival, o que máis e o que menos pensaba que non se levaría a cabo, polo coste da operación, e porque o Cádiz manifestaba que contaban con él. Só había a favor as suas gañas de vir.

Pasou o verán, pasou media tempada, (casi), e chegou o mercado de inverno, Lucas seguía con que quería vir, pero o Cadiz non o quería soltar, e quería renovarlle. Antes da Asemblea Xeral de Accionistas do RC Deportivo, o presidente Antonio Couceiro amosouse moi convencido de que viría, pero na rolda de prensa posterior a asemblea, xa non parecía tan convencido, era, “unha negociación moi complexa”, na que 3 tiñan que poñerse dacordo, pero había un que non estaba pola labor, o Cádiz.

O Depor puxo o seu graiño de area, Lucas, púxoo todo, e o Cádiz, deixouno vir, pero antes tivo que xogar ante o Almería, cumpleu, marcou o seu cuarto gol da tempada cos gaditanos, (máximo goleador sen ser titular), e colleu as maletas para a Coruña.

A tarde de fin de ano ilusionou a maior parte do deportivismo, anunciabase a fichaxe de Lucas, e desvelábase algo que deu e está a dar a volta ao mundo : baixar duas categorías, sendo o máximo goleador do equipo no que estaba na Primeira, poñer cartos do seu bolsillo, (medio millón de euros), perder o que lle restaba de contrato, (en torno a 700 mil), e pasar a cobrar 120.000 euros, tope do Depor na 1ª RFEF. Algo inaaudito no fútbol moderno, no que todo e todos móvense polos cartos, e non pola pasión e o corazón.

Todo isto tivo unha manada de detalles, (ademáis dos xa mencionados), e de relevancia no RC Deportivo e no deportivismo.

-A sua presentación xa deu nota da ilusión que trouxo e que provocou. Uns 7.000 deportivistas en Riazor para recibilo, e coa conotación de que moitísimos nenos/as, adolescentes e xoves, que teñen a un ídolo, (fai anos que o Depor anda falto deles). Un sentimento de marea xove, que xa se veu no Play-Off, e que amosa que aquí non influe que as televisións e xornais online e físicos, queiran meter polos ollos outros equipos. Aquí non importa a categoría na que se está, é un sentimento herdado de pais a fillos.

-A repercusión mediatica foi outro dos detalles de relevancia. Falouse en tódolos medios galegos, españois, e en moitos extranxeiros, da sua chegada e volveuse a lembrar o que foi o RC Deportivo, e o que está a ser a pesares de levar 3 tempadas fora do fútbol profesional.

-O ambente no campo, 24.745 afeccionados en Riazor, e puideron ser moitos máis, pero habida conta de que o Depor ten milleiros de socios que son de outras partes de Galicia, e incluso, León e Asturias. O temporal de chuvia e vento que caeu toda a mañán e ata a hora do encontro, retraeu a ir o campo a moitos socios de lonxe, en especial xente maior, xa que despois había que voltar de noite e ca posibilidade de que o mal tempo continuase.

-A influencia que tivo no xogo. O encontro ante o Unionistas de seguro que podería ser outra cousa, pero Lucas loitou cada balón e con só unha semana adestrando cos compañeiros, xa se veu que teñen un socio para os desmarques en ruptura e pases antre liñas, algo que non existía, e que de seguro seguirá a crecer canto máis se vaian coñecendo. Ademáis veuse que hai un home para sacar faltas que fagan tremer o equipo contrario, pois son medio gol, amén dos perigosos saques de curruncho.

-Aportou goles, e eficacia, pois de 3 que tivo, duas foron dentro, a primeira por desmarque de ruptura e o segundo aparecendo nunha zona na que ou lle pasan o balón, ou está para un posible rexeite. Das 3 que tivo, a que non foi gol foi por non ser egoista e buscar o compañeiro, Mario Soriano. en vez de rematar a porta.

-Na entrada e saida o campo, non só afeccionados que foron o encontro, senón a xente congragada para velo, buscou o seu autógrafo, ou a foto, cousa que se repiteu o acabar, con xente espearndo a saida tralo encontro.

De seguro que se me quedan no tinteiro moitos máis detalles e relevancias, pero, un home só non fai un equipo sen a axuda dos outros, cada un na sua parcela, pode axudarlles a que sexan mellores, pero a ilusión e gañas que trae se se aproveitan poden dar moitísimo, senón que llo pregunten aos do Nápoles que viron a Maradona, o mesmo que pasou sen pena nen groria polo Barcelona, e alí, levou ilusión, goles, e trunfos relacionados con todo isto. Lucas non é Maradona, pero fixo un acto na sua volta que o convirten no noso,”campión do mundo”, da ilusión, e da esperanza.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies