DESTITUIDO ÓSCAR CANO : “O ORADOR…O HOME QUE FRUSTROU UN ASCENSO DIRETO”.

 

O RC Deportivo destituía no día de onte ao adestrador granaino, Óscar Cano, un home que chegou sen dar ilusión ningunha, pero que ten un mérito, parou a sangría de goles en contra que traía de inicio Borja Jiménez. A partires de aí mellorou o equipo, pero foise diluindo o seu traballo coma un azucarillo no café.

Axudoulle a chegada de Lucas, pois de seguro que este escenario co que nos atopamos, co ascenso direto imposible e a 1 punto de certificar a promoción, sería o que teríamos sen o de Monelos, pero tamén de seguro que si esta decisión de chimpalo se tomase moito antes estaríamos ascendidos fai semanas. Tardou moito a decisión do clube, empurrada polo clamor popular e agora haberá que ir a ruleta rusa.

Nos derradeiros 3 meses Óscar Cano só consigueu gañar 3 encontro, todos eles na casa, pero a sangría veu fora, onde non se gañou nin un só encontro, pero o seu discurso, moi apto para vender na praza de calquer pobo, sempre vendeu un barco de titanio, cando en realidade era de plástico. Non soubo levar o equipo a vitoria nin cos seus plantexamentos nen cos movementos de homes dentro do campo, nen dende o banco. Amargou a rapaces campións de España, e nen lle dou oportunidades, nen cando lle deu minutos e os aproveitaron lles deu continuidade o seguinte encontro, en ocasións sen darlle siquera nin un minuto.

Todo esto foi lastrando as oportunidades de poder ascender direto, ante uns rivais que non foron nada do outro mundo e que fallaron pouco menos ca os nosos. Con esta plantilla, (que quen ma dera para o ano que ven), de ter un adestrador que tivera un minimo de coñecemento, (ainda que non levase 20 anos no oficio), este equipo podería estar ascendido xa fai semanas, podería ter sido o Santander da pasada campaña, pois nin se aproveitaron os xogadores que tíñamos antes do mercado invernal, nen os que viñeron despois, agás Lucas, que contribuiu con goles e asistencias.

A afección o 19 de Marzal ditou sentenza cando o Depor perdeu en León, e cunha imaxe desesperante tralo gol da Cultural, sen ideas dende o banco, facendo mal e tarde os trocos, sacando do campo a Quiles que era o mellor do equipo nese encontro, sacando o balón dende atrás, cos equipos en campo rival, etc…”Óscar dimisión”, dictaminou ao unísono a parroquia deportivista, cántico que se repiteu día tras día. A diretiva non respostou aos números que estaba tendo o equipo, (e ainda vivo nas loitas polos fallos dos outros), e agora faino tarde, pero non de todo, pois ainda queda a promoción, co perigo que é unha lotaría na que un mal encontro pode facer que estés un ano máis nesta mediocre liga.

Fálase da volta de Rubén de la Barrera, e dío La Voz, que ao parecer ten contacto direto cos “espíritos” que comandan o noso clube. Cando o din de seguro que será verdade, pero para nós o idoneo sería un tandem Óscar Gilsçanz/Manuel Pablo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto . Xosé Búa “Pirata”