DESPÍDESE JOSÉ LUIS LEMOS DO BERGANTIÑOS FC CUN : “AS VECES HAI QUE SABER DAR UN PASO O LADO”.

 

Tal e como xa vos adiantábamos onte, José Luis Lemos daba rolda de prensa nas Eiroas, e con él estarían ademáis do seu compañeiro de viaxe, Iago Martínez, que tamén deixa o clube, o presidente do Bergantiños FC, Laureano Calvo e os capitáns do equipo, así coma outros compoñentes do staff técnico.

Lemos vaise ca mesma humildade ca que chegou, e ca que axudou ao equipo carballés a ser un pouco máis grande : “Creo que un ten que saber cando dar un paso ao lado e penso que agora, rematando a primeira volta con tan poucos puntos, era o momento”. Agradeceu a todo o mundo o trato recibido.

Pola sua banda o dirixente bergantiñista dixo que este era o “intre máis duro e triste da sua traxectoria como dirixente deportivo”, xa que apuntaba que con Lemos veuse, “o mellor fútbol que se lembra en Carballo”, e que ademáis, “vaise un amigo”. Na sua comparecenza fixo un repaso a traxectoria de Lemos no equipo carballés, co que antre moitas cousas, nunha “traxectoria intachable”, coa guinda do ascenso a 2ª RFEF.

José Durán será o seu sustituto

Ainda non trascendeu o nome de quen o sustituirá no cargo, pero dende a Voz de Carballo, apuntan o nome de José Durán, ex adestrador dO CD Lugo.

 

-Foto : Captura do Vídeo

-Vídeo : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia