DESPEDIDA DUNHA LIGA HISTÓRICA PARA O ED AS MIÚDAS

2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3

-26ª Xornada-      

As Miúdas pechan unha liga extraordinaria co 3º posto.

CD Unión 1-4 ED As Miúdas

-Remate da liga para as muradanas que fan historia-


Derradeira xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3,na que o ED As Miúdas púxolle o broche de ouro a unha extraordinaria tempada cun excelente 3º posto e acadando a cifra de 60 puntos dos 75 posibles. As muradanas acadaron a cifra de 106 goles a favor e tan só 31 en contra con 19 encontros gañados 3 empatados e tan só 4 perdidos. Agora a vindeira fin de semana comezarán a loita polo ascenso visitando ao Atlético Matamá “B” vigués. Durante a semana faremos un especial da liga do equipo muradán, (se o editor non nos da máis disgustos dos que nos está a dar, pero xa está no forno a nova web a que lle estamos a dar os derradeiros retoques) .

CD Unión 1-4 ED As Miúdas
Finde liga cunha nova victoria das Miúdas a costa dun CD Unión mermado polas numerosas baixas. Con so 11 xogadoras disputaron as de Asados o último encontro ligueiro, ainda que competiron a bo nivel, non puideron inquietar a unhas Miúdas que foron de menos a máis e conseguiron impoñer o ritmo de xogo e dominar o balón e as ocasións en casi todo o encontro, as locales sabedoras do perigo das de Muros agardaban ben posicionadas em campo propio e, lideradas por Laura, Tere e Alejandra, lanzaban contras tentando sorprender as zagueiras rosinegras. Así e todo, o orimeiro tempo foi apático e con pouco ritmo, a máis entonada foi Ainoa que ven en racha dende que se recuperou do xeonllo e foi a que puxo os 2 goles cos que se chegou o descanso aproveitando a súa velocidade, nos minutos 33 e 40.
 
Xa no segundo acto as de Muros meteron unha marcha máis posicionando máis xogadoras en campo rival e metendo todos os cambios, e as locales iban acusando o cansancio, pero defendíanse con oficio. Bárbara a piques estivo de materializar o terceiro tras unha xogada de Marta pola banda, pero o longueiro repelíu o balón. Si o faría a de Esteiro nas duas seguintes xogadas nos minutos 53 e 60 para chegar a frioleira de 40 goles nesta campaña e poñer o 0-4 nesta batalla final. O gol da honra para as rianxeiras viría no minuto 76 tras un barullo na area o balón quedou botando na frontal e Leti, no afán de despexalo, meteuno por toda a escadra en propia meta facendo o definitivo 1-4. Gran final de temporada das de Muros, que finalizan con 60 puntos dos 75 posibles nunha temporada marcada polas numerosas lesións que, no canto de desmotivar fixeron medrar ás xogadoras e tirar de orgullo para sobrepoñerse e disfrutar da man da afición que vai a máis.
 
En 7 días comeza a promoción de ascenso, na que as Miúdas irán ata Vigo a medirse o Atlántida de Matamá B na primeira eliminatoria.
 
ED As Miúdas :  Yaiza, Gala, Paula, Antía, Martina, Laura, Leti, Bárbara, Ainoa, Marta e Eva.
Tamén xogaron: María de Pastora, Lucía, Pati, Natalia e Sandra.
 
Goles : 0-1, Ainoa, (33´); 0-2, Ainoa, (40´); 0-3, Bárbara, (53´); 0-4, Bárbara, (64´); 1-4, Soilvia, (76´).
 
Árbitro : Claudio Castro, (Non amosou ningún cartón).
 
 
 
 
CLASIFICACIÓN FINAL

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-

 

 

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies