DESPEDIDA DE TINO FERNÁNDEZ NA ASEMBLEA DE ACCIONISTAS

 

 

Tras dar lectura o acta anterior e o procedemento da asemblea pasouse a votación. Namentras se facía o reconto subeu a palestra Tino Fernaández que falou do estado do equipo do que dixo : “trátenme de iluso pero yo aún creo que vamos a ascender”. Logo falou dos motivos polos que se ía : “Non nos vamos pola débeda, que agora comparado con cando o collemos é a metade e iso non nos mete medo. Tampouco pola situación deportiva. Para seguir un factor imporante neste posto facía falta estar o 100% e preferimos darlle paso a outros”.

“Porque escollemos esta data?. De aquí a final de Xullo hai que decidir mnoitas cousas, no filial no feminino, e non pode entrar un consello ao que lle quede menos dun mes para preparar unha tempada”. Falou de agradecemenos : “a todos polo apoio, que foi sempre máximo en accións e en accinistas, tanto cando eran candidatos como xa na presidencia, por iso escollín este intre, con todos vostedes”.

Dixo que non lle “daba medo a segunda división”, e falou de como chegaron e do que se fixo dende aquela. Comparou o estado de acreedores e do estado das contas e do gran logro do acordo con ABANCA que “ademáis acompáñanos como patrocinador”…”Eu persoalmente quedo en débada con ABANCA polo conseguido con eles”.

O nombrar a Carlos Negreira ao que lle agradecía o seu apoio a hora de conseguir trocar unha lei por “movilizar a quen tiñan que movilizar, para que os máis de 10 millóns que había que pagar a Facenda e se puidese pagar ao longo da vida do concurso de acreadores. Ese mesmo ano o Elxe por menos baixou a segunda e gracias a Negreira e aos políticos daquela, que aquel 14 de Maio non gañamos ningún título pero vin como se trocaba aquela lei”. Recibeu abucheos de algúns da sala, que foron tamén asubiados por outros. Tino dixo quye non era “politizar, deposi tamén falarei dos agradecementos a Xulio Ferreiro e os seus concelleiros que tamén foron importantes”.

“Deixamos as contas pechadas cunha auditoria a 30 de Abril para os que entren na diretiva”, acabou decindo no apartado económica, para falar das infraestructuras, tanto en Abegondo coma en Riazor. 2Onte mesmo estivo Colotto e díxome : “Caray como a cambiado el estadio”, xa que segundo Tino, ven máis os trocos os que veñen de fora que os que están dia a día.

Alabou o “trato dispensado o Deportivo tanto a Negreira como a Xulio Ferreiro, “e tódalas cousas que tivemos co Concello arranxáronse sen problemas”, para agradecerlle a todos a sua colaboración e entrega polo ben da cidade e do Deportivo.

Hoxe en día estamos nos estamentos do fútbol masculino e feminino, o “único equipo galego que pode presumir deso”. Agradeceu que os elixiran como diretivos da Federación, na que foron elixidos polos 20 equipos da Primeira.

Tamén agradeceu o trato ca Federación Galega de Fútbol, que estaban presentes no emiciclo e que onte agasallaron a Tino cunha placa de honra.

Falou dos proxectos postos en marcha e destacou o Deportivo Feminino e o Deportivo da Liga Genuine, creados no mandato de Tino. “É moi difícil meter un equipo antre os 16 mellores de España. Fomos capaces de sacar o proxecto adinate e agora presumir do ascenso dos dous equipos femininos…O Deportivo Genuine doulle as gracias aos rapaces e rapazas que forman o equipo e as suas familias e as asociacións”.

Comentou o aumento do galego no clube, ca web, o “spikker”, na publicidade, etc. “Demos unha mostra polo amor por Galicia e polo galego que esperamos que siga nestes anos adiante”.

Aclarou que “non vou estar no Deportivo, nen o sol ou a sombra como opinan algúns, estarei no campo coma un afeccionado máis”.

Falou de que todo trocou dend fai cáseuqe 18 anos que chegou o euro e cando se gañou o derradeiro título. “Hoxe en día temos o orgullo de aqueles títulos pero tamén temos a débeda, que hai que ir pagando pouco a pouco. Hoxe en día por diñeiro non podemos fichar a xogadores da Selección Brasileira. Temos que ir ca realidade”.

Non sendo o ano pasado por tope salarial sempre cumpleu o clube, excepto o ano pasado. Pideu “calma cando vaiamos nos postos 15 ou 15. Os xogadores non son mercenarios nen o presidente un fillo de puta. Non estamos no tempo de Bebeto e Mauro Silva, vivamos a realidade e pensemos de onde vimos. Quédanos unha débeda moi superior a dos nosos cometidores. O novo concello terá que afrontar como pagar a débeda co modelo de ingresos que haxa que hoxe en día está ameazado,”, nomeando as moitas influenzas que hai que perxudicarán a hora de recaudar.

Agradeceu a tódolos que os apoiaron e tamén aos patrocinadores en especial a “Hijos de Rivera” polo “seu enorme amor o Deportivo”, e tamén a tódolos que o acompñaron na diretiva, incluso a Fernando Vidal e o que tiveron que sufrir, “pintadas, insultos, mensajes con amenazas, etc”. Deulle as gracias “polo voso deportivismo que está fora de toda dúbida”.

Repiteu que : “non estará en ningunha sombra, eu estou aquí na Coruña, na miña cidade, onda miña familia sen esconderme de ninguén”. Dixo verse sorprendido de moitas cousas que leeu e “non farei comentarios, nen dar consellos aos que salgan. Só desexarlles que lles vaia do milloriño. Desexo con toda sinceridade que nos vaia moi ben a todos”.

Rematou agradecendolle a todos e antre os aplausos escoitouse un par de socios que berraban “fora, fora”.

 

Tra sentarse na mesa presidencial deu lectura das votacións :

-Dimisión voluntaria

Si, co 97, 80% dos votos

Non, co 2,08%

-Fixación dos membrois da diretiva : f

Fixala en 6 con 99,90% dos votos

-Nombramento de conselleiros de maneira individualizada :

Deuse lectura de tódolos conselleiros que entraban nas votacións, os 6 de cada candidatura.