DESPACHO DE ENTRADAS PARA O AMIGABLE BERGANTIÑOS-CF-FABRIL DO VINDEIRO SÁBADO QUE TERÁ 200 ESPECTADORES NAS “EIROAS”.

Bergantiños e Fabril loitarán no Subgrupo A do Grupo 1 da 3ª División.

 

Tal e como nos informan dende o Bergantiños CF o encontro amigable que disputarán o vindeiro sábado 26 de Setembro, terá nas gradas do Municipal da Eiroas un máximo de 200 afeccionados, que niste caso serán exclusivamente socios do clube bergantiñán. Niste encontro poderase ver en escea aos rapaces de José Luis Lemos e Juan Carlos Valerón, que na vindeira liga serán rivais por todo.

 

Nova grada das Eiroas.

 

Así nos comunican dende o clube carballés como será a orgañización do amigable :

“200 dos nosos socios, (exclusivamente), poderán asistir ao amigable de pretemporada que disputarán o Bergantiños e o Fabril o sábado 26 setembro en As Eiroas, ás 11:00 horas. A entrada será gratuíta e o aforo está limitado polos protocolos relacionados coa COVID. Os abonados deberán retirar as localidades no despacho de billetes de As Eiroas hoxe xoves e o venres, de 19:30 a 21:00 horas. Para iso é obrigatorio presentar o carné de socio da pasada tempada. Só se poderá acceder ao recinto do Municipal mostrando a entrada e o documento de socio. Pedímosvos a todos responsabilidade: abrir as portas de As Eiroas para ver un partido de fútbol, despois de case medio ano de parón e inmersos aínda nesta terrible crise sanitaria, é un exame que o Bergantiños ten que aprobar, coa vosa colaboración, con máxima nota. Se o conseguimos, será moito máis sinxelo avanzar cara a unha normalidade que nos permita seguir contando co apoio de público nas citas en casa da próxima liga de Terceira, que comezará o próximo 18 outubro.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños CF