Como xa cabía esperar o Comité de Competiión desestimou a dnuncia do RC Deportivo de aliñación indebida do Extremadura no encontro do pasado Domingo en Riazor no que os extremeños chegaron a estar xogando con tan só 6 xogadores do primeiro equipo preto de un minuto e tal como recolle o artigo 223 do comité : “Unha vez iniciado o partido, os equipos deberán estar integrados, durante todo o desenvolvemento do mesmo, por sete futbolistas, polo menos, dos que conforman o persoal da categoría en que militan. O feito de que por calquera causa, incluída a expulsión dun futbolista ou a substitución por lesión, o equipo queda integrado por menos de sete futbolistas dos que se refire o parágrafo anterior, será considerado como infracción de aliñación indebida”.
Xa era sabido que sería desestimado, pois ainda que fose durante máis tempo, ou algo máis grave, o trato por parte do Comité co RC Deportivo sempre foi e está sendo negativo para os intereses do clube, basta ver as ridículas sancións recibidas por parte de Fernando Vázquez, cando son motivadas por groseiros erros arbitrais que afectaron o sucedido despois ou a estar na grada. Non fai falla mirar moi atrás cando Pablo Marí foi expulsado, nun enconto e sancionado con un partido cando no vídeo se ve claramnte que non fora él o que fixo a falta, ou os 4 partidos de sanción a Borja Valle, cando se ve que non lle di o colexiado o que escribeu en acta, e que foi corroborado polos xogadores que estaban a seu carón e foi o oclexiado Ais Reig o que insultou e incitou o xogador.
Non somos partidarios de gañar os encontros nos despachos, e vémolo tódolos anos en diversas categorías, pero se se estivesen xogando outros equipos moito e se dera esta situación que vai a molde co artigo 223 do Regulamento Xeral da Real Federación Española de Fútbol, no seu punto 2…sería desestimado?.
O RC Deportivo apelará a decisión, cousa que vemos infructuosa, pero dada a situación, o clube gastará o que lle permite a lei e se a cousa se complica ata podería optar pola vía xudicial.
-Foto. RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.