Preferente Futgal Feminina
Xornada 14
Viaxes Amarelle FS 5-4 Fisober FSF
O Fisober FSF estreouse no 2026 cun partido intenso e moi igualado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia herculina, ante un Viaxes Amarelle FS que acabou levando os tres puntos por un axustado 5-4.
As costeiras saíron á pista moi ben plantadas e coa clara intención de conseguir o primeiro triunfo a domicilio da tempada. A ambición visitante tivo premio moi cedo, cando Saray Duarte abriu o marcador no minuto 2. As locais responderon rápido, pero o Fisober volveu adiantarse antes do descanso, demostrando personalidade e bo xogo.
Na segunda metade mantívose a igualdade, con constantes alternativas no marcador. Saray Duarte asinou o seu dobrete no minuto 22 e Lara puxo o 4-4 no 35, mantendo vivas as opcións visitantes ata o final. Porén, nunha xogada con varios rexeites e cun chisco de mala fortuna, o Amarelle anotou no minuto 36 o tanto definitivo que decidiu o encontro.
Un desenlace cruel para un Fisober que estivo moi preto de lograr un resultado histórico fóra da casa, nun duelo entre dous equipos vellos coñecidos e con moita proximidade dende os seus inicios.
Ficha do partido
Pavillón: PM da Sagrada Familia (A Coruña)
Amarelle FS: Andrea, María, Elba, Sila, Daryna; Laura, Lucía Yu, Ana.
Fisober FSF: Sharay, Paula, Carla Lago, Carla Beiro, Saray Duarte; Ana, Kenny, Lara.
Goles:
0-1 min. 2 Saray Duarte
1-1 min. 13
2-1 min. 15
2-2 min. 16 Ana
2-3 min. 22 Saray Duarte
3-3 min. 25
4-3 min. 25
4-4 min. 35 Lara
5-4 min. 36
Árbitros: Javier Fernández Valledor, Juan Manuel Santos Ruíz.
Proximo envite
Na vindeira xornada, o Fisober FSF pechará a primeira volta da competición recibindo ao Ribeiro do Avia.
.
-Foto e información : Prensa Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
