Desde hoxe mesmo venres 24 e ata o vindeiro Domingo 26 Muxía xa ten todo preparado para vivir unha nova edición das Festas do Carme, unha festa que involucionou ao mesmo ritmo que o sector pesqueiro dos barcos da vila.
Non queda moi atrás para uns, pero lonxano para outros aquela primeira edición da procesión marítima do 1974. A insistencia de Fernando do Carrera, (alma mater da festa e presidente da comisión orgañizadora varias décadas), convencedo aos armadores a facer a procesión e conseguíndoo, foi a máis segundo foron chegando máis barcos o porto. A finais dos 70 e durante a década dos 80 había máis de 50 barcos censados na cofraría de Muxía, na sua maioría palangreiros, ca irrupción económica tan grande que supuxo o descubrimento do caladeiro “O Canto”, e por suposto a obriga do descanso de faenar as fins de semana. Cada ano había máis barcos novos e había que sortear quen levaba a imaxe Santa.
Antes de todo esto só había unha misa e unha procesión por terra. A flota ca chegada dos desgüaces foi indo a menos e chegou ao seu culme de desaparición a principios do 2000, quedando hoxe en día en 9-10 barcos, (esta mesma semana un menos ca venda dun palangreiro). Moitos destes barcos nos derradeiros anos coincideulle estas datas ca campaña do bonito polo que están fora faenando, e no porto hai 2 ou 3 barcos.
Nos derradeiros anos xa non se fixo procesión por mar, e chegou a facerse un ano cun só barco, as lanchas de pesca e de recreo e a Virxe nun veleiro, pero a decadencia neste aspecto nun pobo no que priman as inversións no turismo e que os armadores e patróns non quixeron que os seus fillos andivesen o mar, polo que non quedou relevo xeracional, e a flota foi a menos e seguirá así.
Unha festa diferente pero atractiva
Entre o 24 e o 26 de xullo, veciños e visitantes poderán gozar dun programa no que non faltarán a música en directo, as actividades tradicionais, os actos relixiosos e a animación nas rúas, nunha fin de semana que volverá converter o paseo marítimo e o Malecón no corazón da festa.
O cartel deste ano aposta por combinar artistas galegos, tributos, propostas para todos os públicos e algunhas das citas máis emblemáticas do calendario festivo muxián que recuperan cousas que se facían antaño, como o Campionato da Cucaña.
Venres para abrir boca
A programación arrincará o venres 24 ás 19:30 horas cun coloquio de Memorias Mariñeiras, que xa o ano pasado tivo moito éxito e que se desenrolará nos Paraventos do porto.
A música tomará o relevo a partir das 23:00 horas no Malecón cun dobre concerto. Primeiro subirá ao escenario Eh! Sabina, grupo tributo a Joaquín Sabina, e posteriormente será a quenda do artista muxián Miki Caamaño.
O sábado, día grande da festa
O sábado 25 comezará coa tradicional sesión vermú, prevista para as 13:00 horas, amenizada por Sorché e Santa Compaña.
Xa pola tarde, ás 17:00 horas, volverá o Campionato da Cucaña, que un ano máis se celebrará na Rambleta e no que non faltarán os intentos por conquistar a bandeira entre risas, caídas á auga e moito ambiente.
A festa continuará pola noite, desde as 22:30 horas, no Malecón co Septeto Naborí, Pablo Balseiro Band e Chorisco Criollo, que porán ritmo latino e sabor caribeño á segunda verbena das festas.
Domingo de tradición
O domingo 26 estará marcado polos actos relixiosos e a tradición mariñeira.
Ás 12:00 horas procesión ata o porto e celebrarase a misa de campaña na honra da Virxe do Carme.
A partir das 13:30 horas, o Malecón acollerá unha nova sesión vermú coa actuación de Alma Latina, poñendo o broche musical a tres días de celebración.
Un motivo para visitar Muxía e para disfrutar do ambente
A gran cantidade do turismo que alberga non só a vila, senón que o concello, así como a veciñanza poderán disfrutar dunha fin de semana de entretemento e diversión. A festa está orgañizada polo Concello de Muxía e Muxía Cultural
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
