DESDE HOXE E ATA DOMINGO MUXÍA ENCHESE DE ACTOS CULTURAIS E MÚLTIPLES CONCERTOS CO “COMAREA EXPERIENCE”.

Muxía énchese de música coa volta do “Comarea Experience” de Horta Creativa

A asociación Horta Creativa (Muxía) volve tirar da creatividade e do talento local e galego para dar vida á unha nova edición do “Comarea Experience”, unha programación cultural que se estenderá desde hoxe día 4 ao 7 de decembro coincidindo coa Ponte da Constitución e da Inmaculada Concepción.

Serán catro días de música, obradoiros, coloquios e accións culturais tanto no casco urbano de Muxía como no espazo do Camping Lago-Mar, con actividades para todos os gustos e con entrada libre en practicamente toda a programación, agás a xornada de concertos do domingo no broche final.

Horta Creativa xa ven desenrolando activudades culturais durante todo o ano tanto artísticas como medioambientais e musicais.

 PROGRAMA COMPLETO

XOVES 4

 Sala Gervasio Sar
 19:30 – Obradoiro musical
 Inscricións en: hortacreativa@gmail.com

VENRES 5

 Bar Caramba
 19:30 – Coloquio: “Importancia da cultura na xuventude”

 Bar Praia das Lanchas
 22:30 – Actuación de SKANDERANI

SÁBADO 6

Actividades ambientais e creativas

 Praia de Muxía
 10:00 – Limpieza da praia

 Sala Gervasio Sar
 12:00 – Taller creativo de lixo mariño
En colaboración con Mar de Fábula
 Inscricións en: hortacreativa@gmail.com

 Concertos pola vila

 Bar A Dorna
 13:30 – Actuación de PULPIÑO VIASCON

 Bar O Porto
 20:00 – Actuación de ANTELA

 Bar Vén de Tapeo
 21:30 – Actuación de BALKLAVALHAU

M.E._Café
 23:00 – Actuación de ZARS B


DOMINGO 7
(no Lago-Mar/con entrada)

O broche final chega co formato festival no Camping Lago-Mar, con máis de sete horas de música ininterrompida e artistas para todos os gustos.

 Camping Lago-Mar
 19:00 – Apertura

 Concertos

 20:00 – 20:45CARABELA
 21:45 – 23:15CARLANGAS
00:15 – 01:45RAZ & AFLA
 01:50 – 03:50COCO MARÍA
 04:00 – 06:00ZARS B
 Entre actuacións: BONITA & SABROSA

 Unha ponte para gozar en Muxía

Con esta programación, o Comarea Experience consolídase como unha das propostas culturais máis variadas e atractivas da Costa da Morte nesta ponte festiva. Música en directo, formación, compromiso ambiental e actividades repartidas por distintos locais da vila e o Lago-Mar conforman un cartel pensado para todos os públicos e sensibilidades.

.

-Foto : Comarea Experience

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”