DESASTROSA XESTIÓN DA RFEF NO DESPACHO DE ENTRADAS PARA O DEPOR-ALBACETE E COBRAN 1´50 EUROS POR ENTRADA DE XESTIÓN POR DAR ASCO.

Riazor presentará a mellor entrada en anos.

 

Desesperación, ansiedade, disgusto, cabreo, tensión, desafogo, irritación, nauseas, desacougo, alteración…Todo isto e moito máis foi o que sentimos os deportivistas, socios do clube, a hora de retirar online as entradas para a final do Play-Off de ascenso do vindeiro sábado 11 de Xuño, en Riazor, ante o Albacete Balompié, a partires das 18:00 horas, 816:00 GMT), e ante a asquerosa xestión da Real Federación Española de Fútbol, no despacho das entradas.

Foi todo un alivio o anuncio do RC Deportivo de que ningún socio quedaría sen entrada, e que darían un prazo de 24 horas para retiralas. Unhas 24 horas que din que van a ampliar, pero que se temos en conta as horas, e horas, que a web da RFEF estivo 2colgada”, terían que aumentar un día máis.

Son moitos, (ou somos), os que non poderemos ver un encontro desta índole dende a grada na que levamos anos. Sería tan complicado facer como fixo sempre o RC Deportivo en encontros de Champións, ou de equipos coma Xixón, ou Oviedo, que arrastran moitos afeccionados seus, e mover de sitio os socios que están neses asentos, e nos de seguridade e o resto respetarlle os seus?…Pois debe ser que si, pois a RFEF, abreu a destaxo, veuse superada, e primeiro houbo quen puido coller máis entradas ca do seu carnet, non se respetaron asentos, nen gradas, nen nada. Moitos tiveron, e teñen que ir a onde poidan, e en moitos casos pagando máis.

Ata ás 18:00 horas, a web da RFEF traballou a contagotas, con moitas caidas e sen deixar pagar, tras ter todo amarrado, e ao voltar quedar xa sen o asento elixido. E non digamos da xente maior, que se quedará sen o seu asento e coas normais complicacións para facerse ca sua entrada.

As críticas son imnumerables, e con toda razón, e por enriba de todo 1´50 euros de xestión!!!.

Para os afeccionados non socios quedarán, en torno as 8.000 entradas, que de seguro voarán en pouco tempo, a menos que sigan os problemas de mala xestión na venda.

O noso rival pideu 3.000 entradas para repartir antre os seus socios e afeccionados. Non terán problemas de compra, e por enriba levaranse o 20% da taquilla, do tan protestado escenario, gañen ou perdan.

Enlace para as entradas : https://taquilla.rfef.es/rfef2e1/es_ES/entradas/evento/24837

 

-Foto . RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia