LIGA FÚTBOL 7 A CORUÑA GRUPO A
1ª Xornada
O UD Corcubión caeu no primeiro encontro.
UD Corcubión 0-1 Santa Cruz CF
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Duro resultado por 0-1 contra o rival a batir nesta liguilla por partir con ventaxa ao quedar primeiras no seu grupo. Xogamos moi bo partido, con bastantes ocasións, balón ao largueiro incluido nun tiro lonxano de Alexandra, e sen conceder demasiado as rivais, só un gol dunha falta illada que nos costou o partido. Toca levantarse, seguir xogando como ata agora e esperar que as rivais fallen”.
UD Corcubión : Elena, Alexandra, Victoria, Cristina, María e Sara, (7 inicial); Elisa, Marta Lavandeira, Marta Santiago, Claudia, Adriana, Ana e Noa.
Goles : 0-1, Natalia, (37´).
Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou a visitante Daniela.
Incidencias : Primeiro encontro da 2ª Fase polo título xogado no “Novo Cubaleiro” de Corcubión.
Próximo encontro
Relámpago SD-UD Corcubión
Día : 30/04/2023
Hora : 16:00 horas
Campo : A Torre Nº4
Resultado anterior : Unión Campestre B 3-0 Relámpago SD
TÓDOLOS RESULTADOS DO FÚTBOL FEMININO
CON EQUIPOS COSTEIROS
-Foto : UD Corcubión
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Rubén Castillo