1ª GALEGA FEMININA
11ª Xornada
Domingo 07/12/2025
Xallas FC 1-2 UD Carral
Clasificación : PREME AQUÍ
Xallas FC 1-2 UD Carral
As xalleiras mereceron máis nun partido cheo de polémica.
O Xallas FC Feminino caeu por 1-2 ante a UD Carral na undécima xornada da 1ª Galega Feminina, nun encontro no que fixo méritos de sobra para puntuar e no que varias accións dubidosas e a actuación da porteira visitante marcaron a balanza. As da Fontenla seguen fóra do perigo, pero baixan á 10ª praza con 11 puntos, cinco por enriba do descenso directo.
Na vindeira xornada visitarán ao Atlético Vilalonga “B”, sétimo con 17 puntos, o 21 de decembro se non hai trocos.
Adrián García (adestrador do Xallas FC):
“Saímos moi metidas no partido e dominando o xogo, tendo varias chegadas mediante boas internadas de Barcia con centros moi perigosos que Oli e Valeria non rematan por moi pouco. Nunha xogada illada, nun tiro desde a frontal da área, adiantáronse no marcador. Seguimos dominando e tendo ocasións claras, como un man a man de Valeria que para a porteira e o balón dá no pau, e outra de Espasandín na que a porteira colle o balón coas mans fóra da área, pero a árbitra dixo que fora dentro. Resultado inmerecido ao descanso.
Na segunda parte perdemos algo o control do xogo, partimos o equipo ao volcarnos en ir á portería rival, e nun saque de porta de Rosío o bote supera á porteira e a nosa percepción é que a colle dentro da portería, pero non subiría ao marcador. Tivemos unha nova ocasión nun tiro de Espasandín que a porteira atalla moi ben.
O segundo delas chega nunha boa xogada individual da súa extremo, que se vai da nosa lateral e bate a Rosío. Recortaríamos distancias por medio de Noe tras un gran lanzamento de falta. E teriamos o empate nunha ocasión de Oli na que se lesiona e a porteira fai un paradón. Houbo unha terceira xogada gris, nun remate de Espasandín que a porteira volve parar en dous tempos sobre a liña… moi dubidosa.
Temos que estar orgullosos das nosas: fixeron un moi bo partido. Faltounos contundencia nas áreas; non podemos perdoar tanto. Hai que seguir, a liga é moi longa. Temos 15 días para preparar o seguinte partido e seguir recuperando xente.”
Goles
0-1 Noelia Regueiro (6′)
0-2 Laura García (70′)
1-2 Noelia García (85′).
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentario : Eloy García
