DERROTA DUN MOI BO FISOBER FSF ANTE O CAMPIÓN DE LIGA, (1-3), NO DERRADEIRO ENCONTRO DA TEMPADA, (1-3).

-PREFERENTE GALICIA-

LIGA AUTONÓMICA

Fisober 2020/21

FISOBER F.S.F. 1-3 ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA

FISOBER: Sharay, Paula Fanidiño, Adriana, Carre, Mai ; Tamén xogaron: Lía,Lucía Canosa, Nerea, Ana, Lucía Rodríguez, Nuriña, Uxía, Lucía Martínez.

5 CORUÑA: Carla, Ana, Leny, Alba Rodríguez, Alba Castro; Tamén xogaron: Natalia, Rocío, Marta, María, Sandra, Ainho, Sandá.

ÁRBITROS: Jorge Fernández e Rafael Alberto Tovar.

GOLES: 0-0 ao descanso. 1-0 min 27 Paula Fandiño, 1-1 min 35 Ainho,1-2 min 39 Ainho,1-3 min 40 Marta.

Partido correspondente a 14ª e última xornada de liga na Liga Autonómica-Preferente Galicia Feminina no seu subgrupo A, disputado nas I.D. de O Conco en Dumbría na tarde do sábado.

Púxose fin a tempada do Fisober cun partido fronte ao campión de grupo que se lles escapou as costeiras no último minuto.

Comezaba cun roubo das herculinas e xogada de perigo que desbarataba Carre.

A resposta foi por parte das costeiras cunha dobre gran ocasión para Adriana. A resposta das visitantes non se fixo esperar pero Paula Fandiño salvaba a ocasión. Despois era Sharay na portería a que desviaba o lanzamento do 5 Coruña.

Nun partido con moita imprecisión Adriana tiña unha ocasión para o Fisober e Sharay paraba unha das herculinas.

Un tiro exterior de Carre foise bicando a escadra. Agora de novo Sharay fai unha gran parada no segundo pau. Despois dúas novas boas ocasións para as visitantes e antes do fin da primeira parte Paula Fandiño probaba a porteira visitante.

A volta de vestiarios unha combinación de Paula Fandiño e Adriana dáballe unha dobre ocasión a esta última pero sen premio.

Despois as visitantes eran as que poñían a proba a Lía a porteira nesta segunda metade. Adriana intentabao pero a defensa visitante paraba as súas opcións.

Unha combinación entre Nuriña e Mai daba unha dobre ocasión as costeiras na que a bancada xa cantaba o gol. Agora é Ana quen busca a escadra pero atópase ca porteira herculina.

Mediada esta segunda metade un roubo de Paula Fandiño remata cunha vaselina desta última para poñer en vantaxe ao Fisober.

As herculinas buscan a igualada pero non o acadan e Ana busca o segundo local.

Cando chegamos aos últimos 5 minutos, as visitantes arriscan co xogo de cinco e ao pouco de inicialo teñen éxito co gol da igualada por parte dunha ex costeira coma Ainho.

Un roubo de Mai e pase para Adriana atópase ca porteira visitante. A resposta polo 5 Coruña fai lucirse a Lía en portería.

Unha falta sobre Paula Fandiño remata ca expulsión de Mai a pouco máis de dous minutos para o fin. As visitantes aproveitaron a superioridade e de novo a ex costeira Ainho facía o segundo.

Nos últimos segundos unha nova expulsión para as costeiras desta vez Carre, cunha nova inferioridade e un novo gol visitante antes do fin por parte de Marta.

Así remataba a tempada para o Fisober, na que intentou disfrutar e volver a competir en tempos de pandemia.

Moitas Gracias por seguirnos día a día nesta difícil tempada.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad