DERROTA DOLOROSA DO FISOBER FSF ANTE O RIBEIRA LIEDERS, (0-1), RECIBINDO UN TANTO AOS 2 MINUTOS E DESPERDICIANDO NUMEROSAS OCASIÓNS.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

FISOBER F.S.F. 0-1 RIBEIRA LIEDERS 

FISOBER: Sharay, Ana, Mai, Nuriña, Saray; Tamén xogaron: Lucía Canosa, Uxía, Adriana, Lucía Rodríguez, Carre, Lucía Martínez.

RIBEIRA: Luna, Carmen, Helena, Mariña, Elvira ; Tamén xogaron: Wane, Lucía, Segade, Sara, Antía, Uxía, Carla, Miriam.

ÁRBITROS: Rafael Alberto Tovar Rodríguez e María Rey Hermida.

GOLES: 0-1 min 2 Carmen.

Incidencias : Partido correspondente a 11ª xornada de liga Autonómica- Preferente Galicia Femenina no seu grupo A disputado na mañá do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

O Fisober caeu pola mínina ante o líder nun raro partido no que as baixas, as lesións e unha extrana expulsión xogaron en contra das costeiras, o que fixo que as cadetes locais tiveran moito protagonismo.

Non podía comezar peor o partido para o Fisober xa que un saque de esquina e un remate de Carmen poñían en vantaxe as visitantes.

A resposta costeira foi cun centro de Carre e un remate de Ana chegando dende atrás que case se converte na igualada.

Un remate de Adriana despois dun saque de esquina vaise fora rozando o ferro.

Sharay interviña despois dunha volea dunha xogadora visitante. A cal respostaba un lanzamento de Ana forzado.

Despois chegaron dúas boas intervencións de Sharay, unha delas despois de petar o balón no ferro.

As costeiras seguían intentando primeiro por mediación de Adriana e despois cunha dobre ocasión de Lucía Canosa e Nuriña ata por dúas veces que de forma incrible non chegou a ser gol, entre o ferro a porteira e a mala sorte.

O Ribeira tamén quería aumentar diferenzas e fai lucirse a Sharay que coa axuda do ferro evita o gol.

Unha xogada entre Carre e Mai remata co lanzamento da última ao longueiro. Nesta primeira metade tíñamos a lesión de Ana.

Nuriña tiña unha nova ocasión de gol. As ocasións viñan en ambos lados e agora Sharay desvíaba un lanzamento lateral. A resposta era de Adriana e as visitantes lanzaban ao ferro dende lonxe. Chegándose co cero a un ao tempo de lecer.

O inicio da segunda metade foi igual de malo para o Fisober xa que ao principio chegou unha nova lesión desta vez de Mai.

E pouco despois chegaba o segundo cartón para Adriana desta vez por realizar mal un troco coa conseguinte expulsión e inferioridade.

O Fisober aguantou o empuxe visitante con Sharay coma protagonista que incluso mandaba un balón para a contra de Lucía Martínez.

Pasaban os minutos e o resultado non trocaba. Así que chegándose ao final as locais decidíanse polo xogo de cinco na búsqueda de algo positivo. Non foron quen de acadalo e o resultado non trocou.

A vindeira semana o Fisober ten semana de lecer o que lle pode vir ben para recuperar algunha das múltiples baixas cas que finalizou o partido que se sumaron as de inicio, voltará a competición en Begonte o conxunto costeiro.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad