DERROTA DO UD CERQUEDA NO GRUPO “B” DA 2ª GALEGA FEMININA E VITORIA DO ED AS MIÚDAS NO GRUPO “C”.

ED As Miúdas deixa a derradeira praza.

 

No Grupo “B” da 2ª División Galega Feminina o Bergantiños FC Feminino derrotaba sen moitos atrancos ao Xuventude de Crendes CF, (0-4), crónica que podedes ler neste enlace, namentras que o UD Cerqueda, sufría unha derrota moi dolorosa ante o Victria CF “B”, (2-5), nun choque que se lles foi das mans cando o tiñan o seu alcance.

O ED As Miúdas derrotaba ao SCD Pastoriza “B”, (4-1) no Grupo “C”, namentras que o UC Cee, lider da competición tiña xornada de descanso.

UD Cerqueda 2-5 Victoria CF “B”

Derrota excesiva e dolorosa para as cerquedenses que chegaban con 13 xogadoras e que conseguía no minuto 65 neutralizar un 0-2 en contra, pero un gol en propia porta poñía de novo por diante as coruñesas tan só 2 minutos despois de acadar a igualada, (67´). Fóronse arriba as da parroquia malpucana o que aproveitaron as herculinas àra matar o encontro con dous goles nos derradeiros minutos.

Goles : 0-1, Estefanía, (9´); 0-2, Sabela, (17´); 1-2, Lucía, (30´); 2-2, Lidia, (650´); 2-3, Nuria, (67´propia porta); 2-4, Sara, (81´); 2-5, Lucí Yu, (desconto).

ED As Miúdas 4-1 SCD Pastoriza “B”

Presentábanse con tan só 12 xogadoras as muradanas no choque no “Eleuterio Balayo” para enfrontarse as de Pastoriza, que neutralizaban o gol aos 18 minutos de xogo de María Estévez, cun tanto de Dunia 5 minutos despois. Non foi ata preto da hora de xogo cando se rompía a igualada por medio de Gala, (55´), e poñían terra de por medio no treito final cun tanto de Patri, (78´). Este gol sentoulle mal as visitantes que xa tiñan que irse ariba con todo e no desconto Sofía facía o definitivo 4-1 e firmaba a primeira vitoria do campionato para as de Muros, que ceden a derradeira praza as pastoricenses.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : ED As Miúdas, (arquivo)