DERROTA DO SD FISTERRA ANTE O SD SILVA, (0-2) NO ENCONTRO DISPUTADO NO “ARASOLIS” ADIADO DA 16ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GRUPO NORTE.

Arasolis, (Fisterra).

 

SD Fisterra 0-2 SD Silva

Encontro adiado da 16ª xornada por mor dun positivo por COVID-19 e que foi arbitrado por Javier Pérez Prado, nun Arasolis encharcado polas persistentes choivas e con forte vento durante o día. Un día para calquer cousa menos xogar o fútbol, pero a pandemia fixo que esta tempada se adiasen moitos encontros e agora hai equipos que teñen que xogar un día sí e outro tamén. Con este choque o equipo fisterrán xa se puxo o día e o do Ventorrillo ainda lle queda outro pendente, subindo a 6ª praza con 26 puntos o clube coruñés e segue na 3ª posición pola cola o equipo fisterrán.

 Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Silva, que levou os puntos merecidamente. Dous goles a balon parado, e sin muitas mais chegadas a nosa porteria en todo o partido, pero foron suficientes, para levar os 3 puntos. O noso equipo tuvo duas ocasions de Makay, e unha de jose marcote na segunda parte, que non chegaron a rede. Este partido non me gustou nada o meu equipo. O rival sin ser superior a nos ofensivamente, si o foi defensivamente, non supemos ou non fomos capaces de facerlle daño o rival. Cambiamos de sistema duas veces, pero solo nos primeiros 10 minutos da segunda parte podemos chegar a area contraria con peligro. O equipo hoxe quedou tocado, por que seguimos cometendo errores individuales graves atras, que nos costan puntos importantes. As baixas dos centrales, Aaron Fernandez, Caridad, e do punta Capelo, nestes partidos foron determinantes”.

 

SD Fisterra : Ivan Bouzon, Bilal, Pablo Vigo, Breixo, Aaron Lopez, Herbert, Nathaniel, Diego Crespon, Julian Lopez, Alex Ramos e Eloy Diaz

SD Silva : Rios, Prieto, Lema, Antonio, Xusto, Jacobo Lazcano, Manu Orosa, Fabio, Anton Garda, Souto e Ballesteros.

Goles : 0-1, (Justo, (10´); 0-2, Joao Paulo, (27´).

 

-Foto : NH Diario

-Texto : pirtasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies