DERROTA DO ED AS MIÚDAS ANTE O CD UNIÓN NA 5ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 :

As Miúdas sairon o campo coas palmas das mans de cor rosa en apoio a Loita contra o cancro de mama e co slogan : VAI POR TODAS ELAS!!!”. Foto de Chema Caamaño.

 

CD Unión 3-1 ED As Miúdas

Duelo de igual a igual o vivido en Vilas, onde outra semana máis o protagonista non estivo entre as que xogaban o balón ainda que non consigueu evitar o merecido triunfo dunhas locales máis acertadas cara a porta.

O dominio inicial era para as Miúdas, que coa leción aprendida de outras citas sairon máis concentradas que en envites anteriores e conseguiron levar o xogo a campo rival, ainda que nesta ocasión non se concretaron as boas ocasións ante a gardamallas de Rianxo. Marcela disporía de 2 clarísimas pero unha foise a rentes do pau e a máis fácil chutaría forte por riba do longueiro cando case cantaban gol, as de Asados creaban perigo ás costas da zaga visitante aproveitando os erros nas coberturas das centrales pero tampouco afinarían ante Adriana.

No minuto 36 comezou o despropósito, o colexiado expulsou o adestrador local polo simple feito de cruzar a valla por detrás do banquillo, según él por abandonar o campo, e trala expulsión suspende o encontro ata que aparezan no campo os axentes do orden, nin un altercado no campo nin na grada, ningún reproche dende os bancos, ningunha xogada polémica, pero no campo un vello conocido para ambas escuadras co silbato na man afeando un bonito e disputado duelo.
Tras case 15 minutos co delegado de campo no banco local decideu reanudar o choque e o pouco Laura, capitana das locales aproveitouse dun erro nas vixilancias das centrales e fusilou por baixo a Adriana. Antes do descanso Leti tivo o empate para as de Muros, pero ca meta xa batida confiouse en exceso e a central rouboulle a carteira.

Na volta de vestiarios a primeira xogada sería o colmo do despropósito, balón en largo que outra vez sorprende ás centrales e planta a Alejandra ante Adriana, a porteira choca na saída coa atacante pero non evita que marque gol, quen si o evita é Angel José Martinez Millán, quen sinala penalti e expulsión (…), que cada quén saque as súas conclusións si sabe o reglamento actual do fútbol.

Laura asume (outra vez máis) poñerse baixo paus, e por duas veces detén o penalti lanzado pola propia Alejandra que se víu privada dun gol legal, endo que repetir o lanzamento porque según o trencilla había xogadoras pisando a media luna da area no momento do lanzamento.
Estiveron o resto do encontro máis metidas as locales ante o festival de decisións desproporcionadas do dirixente da contienda, e no 56 farían o 2-0 obra de Miriam que bateu por baixo a Laura.

A capitana local poría terra de por medio no 79 marcando o 3-0 cando máis insistían as visitantes con arreóns de xenio pero sin ver claridade para definir. Pati faría o gol da honra no 84 o aproveitar un rexeite no borde da area, pero xa case sin tempo para mellor reacción e plantando cara cunha xogadora menos durante toda a segunda metade.

Xusta victoria para as de Asados que manexaron mellor o nerviosismo provocado polo colexiado e estuveron máis acertadas cara a porta. O que non é xusto e consentir que unha persona estropee un bonito duelo por non saber ser parte dél e por descoñecer o reglamento para que todo teña o seu curso normal dun partido de fútbol, nonque demostrou querer estar por riba e incluso impedíu que os dous conxuntos posaran xuntas para unha foto antes do arranque co motivo do día mundial contra o cancor de mama. Falta de coherencia, sensatez e respecto polos que pelexamos por disfrutar deste deporte e os valores que o fan tan grande. Alguén debería tomar nota e, cando menos, explicarlle que nesto hai moito máis que 3 puntos en xogo.

 

FICHA TÉCNICA

–Foto portada : Chema Caamaño

-Ficha Técnica : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.