DERROTA DO DEPORTIVO FEMININO NO PRIMEIRO CHOQUE DO 2021 ANTE UN ESPELLO SEU DA TEMPADA PASADA.

 

 

O Deportivo Feminino comezou o 2021 cunha derrota e a pesares de ser mellor nos inicios e dar moitas esperanzas, a eficacia das insuares foi determinante. O conxunto tinerfeño é a viva iaxe dunha inversión de papeis. Agora mesmo elas son o asombroso Deportivo Feminino do pasado ano. Aquí tes a crónica que recabamos dde rcdeportivo.es, e pasamos o galego. Na web deportivista podes leela en castelán, galego ou ingles.

 

UD Granadilla Tenerife 4-1 Deportivo Feminino

O Dépor ABANCA buscaba empezar o ano con bo pé nun día ilusionante como o é cada 5 de xaneiro. E de inicio, esa ilusión apoderouse de todos os Deportivistas que puideron seguir o choque en directo por LaLiga Sports TV.

Após tímidas chegadas e máis tempo de balón en pé das branquiazuis que das locais no arranque, Blanco tivo a primeira cun disparo alto de falta no minuto 7. Peke ao traveseiro no minuto 8 após falta lanzada por Alba Merino, rexeitada pola porteira local e con deixada atrás de Gaby para o tiro final da vasca puido cambiar a historia do partido. A seguinte tamén foi para o Dépor ABANCA que chegou por mediación de Athenea que no pase da morte atopouse o pé de Natalia Ramos.

A partir de aí, aos poucos, o Granadilla foise facendo co control do choque e das ocasións. O primeiro tiro entre o tres paus por parte local chegou no minuto 18 de Paola ben atallado por Noe Bermúdez que se lesionou, sen consecuencias, no saque rápido desa xogada cara a Athenea.

No minuto 22, un balón de saque de banda desde a dereita, peiteado ao primeiro pau e rematado por Martin Prieto adiantándose a Noe Bermúdez. A propia Martín Prieto e Mari Jose puideron ampliar diferenzas antes de chegar á media hora pero ambas dispararon desviado á esquerda da portería do Dépor. A terceira non a perdoou de novo Cristina Martín Prieto xusto ao chegar a ese minuto 30. Após recuperación en frontal de área local e pase en longo, en carreira e no man a man, a andaluza cruzou ante a saída de Noe para pór o 2-0 no marcador.

Á saída dun corner chegou o terceiro nun balón peiteado entre Cris e Paola que se coou polo primeiro pau da portería de Noe. Entremedias, tímidos intentos do Dépor ABANCA de recuperar o control do partido e ocasións erradas polas locais, como un man a man entre Martín Prieto e a costarriqueña que atallou coas pernas a porteira Tica.

A segunda parte deu continuidade á mesma tónica da media hora final da primeira. Após un par de chegadas previas, Mari Jose anotou o gol máis bonito da mañá nun disparo de volea á media volta que se coou preto do recanto da portería deportivista.

A partir de aí sucedéronse as chegadas en ambas as áreas, máis por parte local que visitante que só puido anotar mercé a un penalti anotado con moita potencia por Alba Merino minutos antes de deixar o seu sitio no campo a Michelle Romero na primeira substitución do partido.

Eses movementos desde o banco por parte de ambos os técnicos, unidos ao marcador, fixeron que a velocidade do partido baixase e as forzas de ambos os conxuntos concentrásense máis no corpo a corpo no centro do campo que nas zonas de perigo. Aínda así continuaron as chegadas, sobre todo por banda e por parte das insulars, pero todas rematadas con comodidade para a defensa ou a porteira branquiazul.

No minuto 90 puido marcar Michelle Romero pero o man a man na frontal da área gañouno a gardameta local Aline Reis co que se pechou o partido co que se abriu 2021 para o Dépor ABANCA.

 

 

UDG Tenerife: Aline Reis, María Estella, Pisco, Patri Gavira (Yerliane Moreno, min. 59), Jackie Simpson, Clare Pleuler (Raissa, min. 79), Natalia Ramos, Paola Hernández, Mari José (Kayla Adamek, min. 59), Allegra Poljak (Ana González, min. 72) e Martín-Prieto (Coco, min. 72).

Dépor ABANCA: Noe Bermúdez, Cris Martínez, Ainoa, Blanco, Villegas, Arbeláez, Iris Arnáiz, Alba (Michelle Romero, min. 66), Gaby, Peke (Lady Andrade, min. 76) e Athenea (Helena Torres, min. 82)

Goles: 1-0 Martín-Prieto (min. 22); 2-0 Martín-Prieto (min. 29); 3-0 Cris -pp- (min. 44); 4-0 Mari Jose (min. 52); 4-1 Alba -p- (min. 62)

Árbitra: Acevedo Dudley (c. catalán). Amoestou a Ainoa (min. 50), Arbeláez (min. 58); Pisco (min. 65)

Incidencias: partido da 14 xornada de Primera Iberdrola disputado no campo As Palmeiras de San Isidro – Granadilla – Tenerife

-Foto e Crónica : rcdeportivo-es