DERROTA DO DEPOR 7 MESES DESPOIS NA DESPEDIDA A PORTUGAL NUN CHOQUE BRONCO E CON ESCUDERO LESIONADO.

 

GD Chaves 2-0 Depor

Castigo excesivo en tódolos aspectos o que sufreu o Depor en Chaves. Calor, mal estado do céspede e un equipo enfronte moi bronco para tratarse dun amigable, e por enriba de todo a lesión de Escudero a media hora de xogo, tras unha mala caida que lle produxo unha luxación de cóbado que fará que a fichaxe do Depor para este 2024/25 teña por diante máis de 2 meses de recuperación, ca liga a 13 días vista.

A lesión descentrou a un Depor que non conseguía afinar os pases ante a irregularidade do céspede, o peor con diferenza da pretempada, A mellor ocasión, que foi dobre, da primeira metade foi para Barbero primeiro, e tras parada do porteiro, o rexeite chégalle a Soriano, no centro da área pequena, pero o virlle moi enriba cede a Villares, que dispara floxo e saca baixo paus o portugués Bruno. Nopn marcou e non pasou apuros, pero sí acertaron os lusos antes de irse a vestiarios.

A segunda metade, na que comezou dominando o Depor, continuou con moita calor aumentada por un incendio preto da vila de Chaves, foi fea, lenta, espesa, con moitos paróns, e numerosas falltas, en especial unha enrtada por detrás a Villares que fixo pensar no peor, moi similar a caza sobre Yeremay, (que non foi da partida), en Lugo. Nin cartón amarelo por parte do permisivo árbitro portugués, nunha xogada de vermello direto.

Non gozou de ocasións claras o Depor e os portugueses aproveitaron dasua que materializaron. Lucas puido maquillar o resultado pero estivo moi ben o meta local a un tiro laterla franco de gol.

Agora por diante o 79º Teresa Herrera o vindeiro 9 de Agosto a partires das 20:30 horas, 818.30 GMT), co Unionistas de Salamanca como rival na semifinal.

Depor : Germán, Ximo Navarro (Pablo García, min. 82), Pablo Vázquez, Pablo Martínez (Dani Barcia, min. 75), Iano, Villares (Kevin Sánchez, min. 75), Jose Ángel (Rubén López, min. 75), Escudero (Luis Chacón, min. 36), Mario Soriano (Hugo Rama, min. 46), Lucas e Barbero (Davo, min. 46)

Árbitro: Christian Rodrigues. Amoestou a Paulo Víctor (min. 42) e Jose Ángel (min. 62)

Goles: 1-0 Sanca (min. 42); 2-0 Platiny (min. 86)

Incidencias: Encontro disputado no Estadio Municipal de Chaves

Finalizado o encontro, a expedición deportivista emprende viaxe de regreso á Coruña.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : RC Deportivo