DERROTA DO BERGANTIÑOS FC FEMININO NA 1ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA ANTE O CD LUGO, (2-0), PERO SEGUE A DEPENDER DE SI MESMO PARA SAIR CAMPIÓN DE LIGA.

O Bergantiños FC segue a depender de si mesmo.

 

CD Lugo 2-0 Bergantiños FC

Xogábase moito o equipo lucense neste encontro na procura de non perder comba na loita prola promoción de ascenso, ante un Bergantiños FC que tiña a oportunidade de dar un golpe decisivo de cara a facerse cunha liga, na que o seu adversario máis temible son elas mesmas, pois dependen de si mesmas para facerse co campionato, ainda habendo caídpo, o estar con 2 puntos máis cas de Lugo, e cun encontro menos.

Púxoselle moi de cara o choque as luguesas ao minuto de xogo, cando Esther non desperdiciaba un desaxuste defensivo das carballesas para facer o 1-0. O gol deulle máis brío as locais que cun ritmo alto de xogo facían o segundo antes da media hora de encontro, (28´), por medio de Paula. Ainda que o dominio de balón foi das locais, as bergantiñanas crearon ocasións como para ir o descanso cun gol que as metera no encontro.

Na segunda estivo mellor o Bergantiños, pero o gol que intimidara as lucenses non chegou, a pesares de gozar de algunha clara.

As carballesas chegan con 25 puntos a xornada de descanso polo Antroido, 2 máis cas segundas, CD Lugo, e un encontro menos, e na penúltima xornada da liga regular reciben nas Eiroas ao PM Friol “B”, antepenúltimo clasificado con 13 puntos, choque no que poden cantar o “alirón”, gañando, ou facendo o mesmo que faga o CD Lugo, xa que as luguesas, un equipo feito para ascender, acaban a liga na vindeira xornada visitando ao SD Antas, namentras que as carballesas ainda lles quedaría un encontro máis, ante o SD O Val como visitantes, na derradeira xornada da liga.

CD Lugo : Judith, Berta, Yanire, Irene, Noa, Esther, María, Lola, Denise, Paula e Candela. Tamén xogaron : Lucía, Raquel, Carla, e Blanca.

Bergantiños FC : Andrea, Inés, Yaiza, Tatiana, Cruz, Zaida, Alba, Lara, Elena, Laura e Paula. Tamén xogaron : Bárbara, Mariam, Noelia, e Lorena.

Goles : 1-0, Esther, (1´); 2-0, Paula, (28´).

Árbitro : Antón Lodeiro Sarmiento. Amosoulle un cartón amarelo a Maríam do Bergantiños FC, (59´).

 

-Foto : Prensa Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC.