DERROTA AXUSTADA DO BERGANTIÑOS FC NO PRIMEIRO ENCONTRO POLO ASCENSO A 1ª NACIONAL E POLO ASCENSO.

Once inicial do Bergantiños FC no “As Relfas”.

 

Sárdoma CF “B” 3-2 Bergantiños FC

Saeu mellor o equipo vigués, e consigueu adiantarse tras un penalti que transformaba Laura. Sacou o mellor de si o equipo bergantiñán e conseguía remontar antes do descanso con goles de Lara, 834´), e Cruz, (38´). Resultado co que se chegaba o descanso.

Na segunda metade saeu dominando o equipo carballés, e perdoou un par de ocasións claras. Un despiste defensivo supuxo o empate das viguesas e conseguían empatar con gol de Elisa, (69´). Co choque igualado chegaba o gol da vitoria local por medio de Eva, (86´), e rompía o traballo das rapazas de Gueli e René, que mereceron a lo menos o empate.

Na proxima xornada o Bergantiños FC Feminino recibe nas “Eiroas” ao Lóstrego CF, máximo favorito ao ascenso, que nestra primeira tirada da loita polo ascenso e o título da 1ª Galega, derrotaba por un contundente 10-1 ao SD O Val. O encontro será o Domingo 27 coa arbitraxe de Iván Vilanova, a partires das 18:00 horas.

 

Outros resultados 

CD Lugo 1-1 Atlético Arousana

Lóstrego CF 10-1 SD O Val

CLASIFICACIÓN

Lóstrego CF : 7 puntos

S´rdoma CF “B” : 4 

Bergantiños FC : 4

Atlético Arousana : 3

CD Lugo : 3

SD O Val : 1

-Foto : Bergantiños FC

-Texto : piratasdemuxia