DERROTA AMARGA PARA O SD AMEIXENDA ANTE O SPORTING SEIA NO FINAL DO ENCONTRO ADIANTADO DA 3ª DA COSTA, (2-1).

 

Sporting Seaia 2-1 SD Ameixenda 

Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que sairíamos con moita posesión pero sen chegadas claras, ante un Ameixenda moi ben ordenado que saía ben a contra e así nos marcarían o primeiro, e tiveron outra clara que iría o pau. Na segunda saimos mellor entrando por banda e tratando de mover rápido o balón e tivemos moitas claras pero sen chegar a finalizar ben nunhas, e outras con boas paradas do porteiro, ata que conseguimos empatar logo eles viñéronse abaixo, e cerca do final marcaríamos o gol da vitoria. Primeira parte do Ameixenda,e segunda nosa”.

Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Derrota das que “fan pupa” do Ameixenda no partido adiantado o venres fronte o Seaia. O encontro pode definirse en duas palabras: control e descontrol. No primeiro tempo, control. Ben situados no campo, o Ameixenda non lle dou o Seaia ningunha opción de gol, e nas saidas por velocidade, buscando sobre todo a Pichino, facíanlle moito dano os malpicáns. No m.14 avisaba Pichino entrando na área pola dreita, pero o seu disparo saía desviado. No m.23 metíanlle un balón en longo, desta vez pola esquerda, que o dianteiro fisterrán controlaba e diante da saida do morteiro marcaba o 0-1. E tan só 3 minutos despois, Susiño internábase pola dreita e o seu centro era rematado de cabeza de novo por Pichino, batendo o balón no pau cando xa todo o mundo daba por feito o gol. O mellor para o Seaia estaba a ser o resultado xa que chegaron o descanso con 0-1 e as opcións intactas po segundo tempo. E na reanudación, descontrol. Os locales, lóxicamente adiantaron liñas pero nos primeiros vinte minutos non fixeron ocasións, e o Ameixenda sentíase cómodo, ou quizás acomodouse, que non é o mesmo, e deixouse ir. Foi a parti do minuto 65 cando o Seaia empezou a ter oportunidades de gol…e moitas. Pero unhas veces Rubén e outras os propios erros fixeron que se chegara os últimos 5 minutos ainda co 0-1 no marcador. Resultado que era inxusto xa que tiveran ata 6 ou 7 ocasións clarísimas. Parecía que xa se lle terminaran as forzas os xogadores do Seaia e que pasara o peor para o Ameixenda cando no m.89 un balón con pouco perigo non é despexado axeitadamente e Suárez empata o partido. E repetíase a mesma circunstancia tres minutos despois, no 92, sendo desta vez Iván o que marcaba o 2-1 definitivo. Premio merecido para o Seaia pola sua insistencia e non baixar os brazos, e o Ameixenda, logo de pasalo realmente mal no segundo tempo non podía deixar escapar os tres puntos cando xa o rival non tiña forzas. Victoria xusta do Seaia”.

Goles : 0-1, David, (24´); 1-1, José, (84´); 2-1, Iván, (90´).

RESTO DE ENCONTROS 12ª XORNADA

Corcubión 2-0 Nantón 

Camelle-Porteño : 08/12 ás 16:15 horas

Castrelo 0-3 Outes 

Monte Louro-Camariñas : 08/12 ás 16:00 horas

 

-Foto : Fernando Domínguez

 -Texto : Colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.