DERRADEIRO AMIGABLE DA PRETEMPADA : DEPOR 0-2 VALLADOLÍD PROMESAS : “DECEPCIONANTE DERRADEIRO TEST”.

 

Depor 0-2 Valladolid Promesas

Primeira metade decepcionante pero que non deixa de ser un adestramento, pero moi lonxe do que se espera do noso equipo. Un filial do Valladolid que no deixade ser un Fabril en 2ª B ainda que leve 7 temporadas onsecutivas na categoría, pero que só tivo que defender ben a sair a contra e que tivo as mellores ocasións, tímidas pero mellors cas do Depor que só tivo unha nas botas de Lara.

Na segunda metade saeu mellor o Depor, mandando e dominando, pero faltando igalmente profundidade. Adri Castro que saira por Miku e Keko Gontán puideron abrir o marcador, pero todo cambiou cos trocos do Valladolid, que puido adintarse aos 20 minutos da reanudación de falta dende o pico do área. Deixou de dominar o conxunto deportivista e as chegadas dos vallisoletanos foron a máis e un erro “tonto” de Lucho García regaláballe o gol a Raúl Uche para os casteláns. Subu o ritmo o equipo deportivista na procura do empate pero o gol non chegou. Si chegou un gol dos puceláns xa no derradeiro minuto do desconto tras unha falta lateral. Un tanto que lle protestou moi cabreado Mujaid.

Depor : Lucho García, Eneko Bóveda, Mujaid, Derik Osede, Juan Rodríguez, Álex Bergantiños, Celso Borges, Keko Gontán, Jose Lara, Miku e Claudio Beauvue. Entraron na segunda metade :  Adri Castro, Héctor Hernández, Gandoy, Uche, e Valín.

 

ZONA MIXTA

 

Celso Borges pasouse pola zona mixta do Estadio de La Devesa de Bembibre, unha vez concluído o encontro entre o Deportivo e o Valladolid Promesas co que se pechou a pretemporada branquiazul.

Apuntou que “evidentemente non nos gusta perder. Son partidos de moita loita, de moita segunda xogada. Eles aproveitárono. Non nos queda máis que aprender disto e seguir”.

O internacional deportivista admite que en cada partido “fixemos cousas boas e outras non tanto. Imos aos poucos. A idea é chegar o máis finos posible ao domingo”, no arranque ligueiro ante o Salamanca CF UDS en ABANCA-RIAZOR.

Celso pide nesta Segunda B “manexar o aspecto psicolóxico. Hai que saber manexar o feito de que todo o mundo quéirache xogar, quéirache gañar, facer o partido das súas vidas. Iso hai que sabelo levar, e nós igualalo en intensidade e loitar polos nosos obxectivos”.

Advirte un dos futbolistas con máis experiencia na elite que a liga non vai ser un paseo “como tampouco o foi a pretemporada. Foron bastante pelexados. Hai moitísimos factores para que os partidos sexan trabados. Talvez haxa moitas imprecisións. Hai que facerlle fronte e gañar este tipo de partidos. Cando non sucede, como foi hoxe, ímonos tristes para casa pero sabendo que xa vén a competición, que é o que máis nos gusta”.

Alégrase o mediocentro branquiazul polos afeccionados que poidan acudir o domingo a ABANCA-RIAZOR: “O que haxa un pouco de público ponnos moi contentos. E xogar en casa sempre é lindísimo”.

Finalmente, a nivel persoal asegura sentirse “ben. Trátase de ir collendo ritmo e a partir de aí o domingo espero estar, por suposto. Para iso estou a adestrar”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies