DERIK OSEDE XA ADESTROU CO GRUPO E FOI CONVOCADO PARA O AMIGABLE DE MAÑÁN EN PONTEVEDRA.

Bautismo en Abegondo para Derik por parte dos novos compañeiros.

 

Derik Osede adestrouse esta mañá por primeira vez cos seus novos compañeiros ás ordes de Fernando Vázquez.

O defensor madrileño fichado no día de onte, que remataba o mercado de fichaxes, e que chega para suplio a baixa de Somma, tras pasar na sua carreira pola canteira do Real Madrid, Inglaterra, e CD Numancia,  completou toda a sesión con normalidade co grupo e entrou na lista de 20 convocados para o encontro de mañán mércores 7 de outubro no “Estadio de Pasarón”, a porta pechada, dende ás 12:00 horas, ante o Pontevedra CF, que será rival dos nosos nesta tempada que comeza o 17-18 de Outubro.

Será o cuarto amigable desta pretemporada para o equipo branquiazul tralos disputados anteriormente ante o Racing Villalbés, (0-3), CSD Arzúa, (5-0), e Bergantiños FC, (0-0). Para completar os encontros desta pretempada queda logo un amigable en La Devesa, (Bembibre), no que nos enfrontaremos o vindeiro sábado, (18:00 horas), ao Valladolíd Promesas, filial do Real Valladolid e que estará no outro subgrupo da 2ª B e podería ser rival dos deportivistas na 2ª Fase.

 

 

Quedan fóra da convocatoria os tocados : Rui Costa, con problemas musculares, así coma o canteirán Javi Sanmartín; Uche, (xa na recta final da súa recuperación), e Diego Rolan, que se incorporará aos adestramentos ao longo desta semana, tras fracasar as operacións da sua venda e quedar finalmente no clube deportivista.

 

PRETEMPADA DEPOR

Racing Villalbés 0-3 Deportivo  (Lara, Adri Castro y Borges)
Deportivo 5-0 CSD Arzúa (Lara, Keko, Miku, Borges y Gandoy) 
Bergantiños FC 0-0 Deportivo 
Miércoles 7 de octubre, 12:00 h, Pasarón (Pontevedra): Pontevedra CF – Deportivo
Sábado 10 de octubre, 18:00 h, La Devesa (Bembibre): Deportivo – Valladolid Promesas

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia