DERIK OSEDE NO MEDIO DO MALO TEN MENOS DO QUE SE ESPERABA E PODERÍA PERDERSE ALGO MÁIS DUN MES DE COMPETICIÓN.

Derik Osede debutou como titular e pouco despois lesionouse.

 

Os servizos médicos do RC Deportivo fannos chegar o parte médico de Derik Osede que se lesionaba no encontro da pasada xornada no “Reina Sofía e tiña que abandoar o terreo de xogo con tan só 18 minutos gastados, sendo sustituido por Uche Agbo.

Segundo as probas que lle realizaron : “Derik Osede, sofre unha lesión muscular no sóleo distal da súa perna esquerda, sen afectación do tendón de Aquiles. O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia e, cando a súa evolución o permita, pasará á fase de readaptación física a cargo do readaptador, Fran Molano; no paso previo á súa incorporación aos adestramentos co grupo”.

En que consiste esta lesión e a sua recuperación como é?

O sóleo é o músculo máis profundo do xemelgo que está unido ao tendón de Aquiles. O sóleo é o responsable de realizar o impulso para iniciar a marcha. Unha rotura de fibras de sóleo prodúcese por elongar o músculo máis aló da súa capacidade de estiramento. A do sóleo é unha lesión da que o deportista parece recuperado, pode adestrar, pero o risco de recaída é elevado. Por iso, o tempo de recuperación pode ir desde as tres semanas a máis dun mes. O que se debe conseguir na rehabilitación é evitar as fibroses musculares (contracturas) para que o músculo, unha vez rexenerado, non perda a elasticidade necesaria. A cirurxía é excepcional. Se reserva para certas lesións crónicas que limitan o rendemento dos futbolistas.

Moi famosa a cantidade de problemas que tivo Gareth Bale no Real Madrid con esta lesión da que recaeu en numerosas ocasións.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies