Aquí vos traemos este artigo de Rubén García, redactor do DXT Campeón, (que podedes ler en castelán neste enlace), sobre o encontro no que o Deportivo Xuvenil derrotou por terceira vez esta tempada o C. Vigo Xuvenil. O equipo xuvenil do RC Deportivo ten baixo a batuta de Óscar Gilsánz unha fornada de xogadores dun gran nivel, dos que Juan Carlos Valerón, xa está a meter man no Fabril, debidas as baixas do filial deportivista, e incluso xa hai algún coma Juan Rodríguez que xa son da plantilla fabrilista. Isto non quita que os rapaces do xuvenil branquiazul, esteñan a facer historia e sexan sen dúbida o mellor equipo xuvenil de Galicia nista tempada, na que todo apunta a que o primeiro equipo vai a dar un xiro importante e comezar de cero, con máis xente da canteira e cun proxecto a medio-longo prazo.
Deportivo 2-0 Celta
Se gaña ao Choco e ao Ural, ambos os como visitante, o Deportivo proclamarase campión de zona de División de Honra Xuvenil. Onte fixo o máis difícil. Gañou por terceira vez –un amigable de pretemporada e os dous partidos de liga– ao máximo rival, o Celta. Ten un punto menos e tamén un partido menos. Só a relaxación podería evitar que o Depor sexa o mellor equipo xuvenil de Galicia esta tempada.
O Deportivo demostrou que non fai falta ter unha porcentaxe de posesión moi alto, nin atrincheirar ao rival, nin crear moitas ocasións para dominar un partido. O equipo de Gilsanz foi superior ao Celta de principio a fin grazas a unha lectura impecable e á eficacia de Nájera, autor dos dous goles.
O Depor permitiuse, ante o Celta, engadir matices máis conservadores –nin moito menos rañicas –ao seu plan habitual. Sen asumir tanto risco e sen presionar tan alto como noutras ocasións, pero cunha organización defensiva practicamente milimétrica nun posicionamento encartado, o Deportivo permitiu que o rival saíse coa pelota xogada desde a primeira zona. Anulando a Damián –mediocentro defensivo– e Fran –dianteiro–, dous futbolistas que apenas entraron en xogo, os de Gilsanz daban o primeiro paso.
Coa novidade de Trilli no lateral esquerdo, con Quique no dereito, cunha parella de centrais formada polos habituais Nico e Barcia, cun dobre pivote composto por Brais Val e Mario, con Víctor e Mella por fóra, con Nájera como dianteiro en defensa e como mediapunta en ataque e con Noel como xogador máis adiantado, o Depor mostrouse dominador con menos posesión que o seu rival. As mellores, que non moitas, ocasións no primeiro tempo foron do cadro deportivista. O primeiro aviso naceu nunha ruptura de dentro cara a fóra de Noel ás costas de Gael, capitán do Celta. O seu pase desde a liña de fondo atopou a Mella en posición de remate pero a acción terminou sen consecuencias.
O Celta, armado nun 1-4-3-3 cun interior –Canteiro– preto do punta e o outro –Sotelo– máis próximo ao mediocentro, tentouno fundamentalmente buscando aos seus extremos: Jesús na dereita e Hugo Álvarez na esquerda. O Depor permitiu que os seus centrais progresasen en condución, pero pechando moi ben as liñas de pase para que a pelota non chegase en boas condicións ás bandas. Os homes de Jorge Custa só inquietaron cun disparo de Hugo desde dentro da área.
Como en tantas outras ocasións, unha acción a balón parado desfixo o 0-0 inicial. O Celta, que estivo rematadamente mal nos tres saques de esquina que botou no primeiro tempo, defendeu aínda peor o primeiro en contra do segundo acto. Víctor executou coa dereita desde o costado esquerdo. O coiro paseouse pola área pequena e aterrou no segundo pau sen que ningún defensa chegase a despexar. Mario Nájera, o máis listo da clase, cazou a bóla libre de marca e mandouna (1-0) á rede.
Óscar Gilsanz lembrou á súa etapa como adestrador do Villalbés, equipo no que se converteu nun auténtico especialista do roubo e o contraataque. O Celta, cun César moi nervioso na portería, e con demasiados futbolistas inoperantes e imprecisos con balón, deuse contra un muro. Moveu o esférico en horizontal, non atopou profundidade #ante as liñas xuntas do Depor e foi incapaz de empatar. A súa opción máis clara estivo na cabeza de Sotelo que, entrando desde segunda liña, sorprendeu aos centrais locais tras un centro desde o costado dereito do ataque celeste.
Ao técnico do Depor non se lle escapou ningún detalle e, cando entrou Facu no Celta, un futbolista desequilibrante e dun contra un, deu orde a Trilli de emparellarse con el, o que provocou que pasase ao lateral dereito e de novo ao esquerdo. Nájera sentenciou no 71, nunha acción rápida que rematou cun tiro raso.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Rubén García