O Deportivo Xuvenil xa sabe o que é levantar títulos.
Este pasado Domingo o Deportivo Xuvenil de Manuel Pablo, tal como vos informábamos, deixaba fora da Copa do Rei Xuvenil ao C. de Vigo, (2-1), e na tarde deste martes 10 de Xaneiro tiña lugar o sorteo de Oitavos de Final. Neste sorteo ao equipo deportivista tocoulle como rival o Atlético de Madrid, un encontro que se xogará en Abegondo, o sair primeiro a bola do equipo deportivista, e que terá lugar o 25 de Xaneiro.
Ainda non hai hora para a disputa do encontro, pero sí que será televisado en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo, para disfrute de toda a afección deportivista.
O resto de emparellamentos é o seguinte:
CD Tenerife – Vilarreal CF
Real Betis – UD Las Palmas
Athletic Club – AD Alcorcón
UD Almería – Deportivo Alavés
FC Barcelona – Málaga CF
Antiguoko KE – Sporting de Gijón
Real Madrid CF – Valencia CF
Kevin Sánchez e Manu Berrocal ca Sub 28
De novo as categorías inferiores da selección española fíxanse na nosa canteira.
Se onte Elena Vázquez foi convocada pola Selección Española Sub-17 feminina para un amigable ante Alemaña este xoves 12 de xaneiro en Marbella, hoxe martes o Club recibiu a citación de Kevin Sánchez e Manu Berrocal, futbolistas do Xuvenil A, para un amigable da Sub-18 masculina en Italia o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 14:30 no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol en Coverciano.
Ambos os xogadores incorporaranse á concentración española o luns 16 de xaneiro após disputar co Xuvenil Ao seu partido ligueiro na División de Honra ante o CD Lugo en Abegondo o sábado 14 ás 16:30.
Esta citación será a estrea como internacional de Manu Berrocal (Sada, 12 de xaneiro de 2005), lateral zurdo no equipo de Manuel Pablo que leva na nosa canteira desde o primeiro equipo de benjamines. Vai pois pola súa décima temporada en Abegondo.
Esta temporada, Kevin Sánchez xa disputou dous amigables ante Suíza na Cidade do Fútbol coa Sub-18; mentres que o cadete José Rei gañou coa Sub-16 o Torneo Football Federations Cup, trofeo no que participou tamén outro cadete branquiazul, Pablo García, este con a Sub-15.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia