Deportivo Xuvenil 3-2 Atlético de Madrid Xuvenil
Enfrontábanse dous equipos invictos en liga, o Deportivo sumaba 13 encontros gañados e 4 empatados no seu grupo, e o Atlético, 14 gañados e 3 empatados, e asimesmo vencendo na eliminatoria anterior para pasar a Oitavos da Copa do Rei. Fronte a fronte no banquillo dous vellos coñecidos no terreo de xogo, Manuel Pablo por parte deportivista e Fernando Torres por parte “colchoeira”. Ingredientes todos eles para que houbese un bo encontro, e vaia se o houbo.
O Depor levou o peso do encontro tanto na primeira metade e o Atlético bsucando roubar e sair con moita xebte o ataque, balóns longos, e acumular xente arriba nas xogadas a balóns parado. Na primeira metade os deportivistas acumularon varias xogadas de gol, pero faltou puntería, ata unha falta o borde do área foi bicar na cruceta. Pola sua banda os madrileños tamén dispuxeron de moi boas ocasións, posiblemente mellores cas do Depor, e aproveitaron duas delas, unha un golazo pegado o pau no que Lemos non puido facer nada, e noutra, balón as costas da defensa, e penalti indiscutible. O meta deportivista adivinou a traxectoria, pero o forte disparo pegado o pau foille imposible. Os de Manuel Pablo seguiron buscando o gol e tiveron ocasións para acadalo ata o descanso.
Na segunda metade o dominio dos deportivistas foi maior, e foron chegando as ocasións ata que por fin sonou a flauta, e non foi por non tentalo. Balón a banda, o fisterrán Hugo Baldomar recorta, centra o medio do área, o balón sae rebotado e Mardones manda ao fondo das mallas o coiro.
Quedou tocado o equipo madrileño que lles entraban por ambas bandas e acababan as xogadas os deportivistas, e víanse abafados pola presión alta dos branquiazuis, e pronto viría o gol do empate, xogada de novo de roubo, balón a banda, desta volta a esquerda, centro o corazón do área, e Ochoa dalle con todo corazón, cruzándolla o meta visitante Mestre, para levantar a bancada de Abegondo, ateigada de siareiros deportivistas.
Co empate o equipo deportivista non especulou e foi a pola vitoria co mesmo tesón, ata conseguilo. Desta volrta era Diego Gómez o que culminaba unha xogada rápida tras roubo. Apretou entón o equipo visitante, posto que o branquiazul deu un paso atrás, e tocou sufrir no desconto, xa que o colexiado sacouse un inxusto crtón a Carlos, por supostamente perder tempo, cando a xogada ainda non se veu clara se o balón que tratou de levar en liña de fondo saeu, e él continuou a xogada. segundo cartón e para fora. Tocou apretarse os machos, e conseguiron que non se movera o marcador, ainda que os atléticos tiveron duas moi claras.
O encontro que foi televisado pola canle do RC Deportivo de YouTube, e chegou a haber conectadas máis de 10.000 persoas. No campo colgouse o cartel de “Non hai entradas”.
Deportivo Xuvenil : Lemos; Quique (Noah, 90′), Vilela, Seydiba, Manuel Berrocal; Carlos, Hugo Baldomar (Manu, 65′); Mardones, Diego Gómez (Carreira, 90′), Hugo (Garaboa, 81′); Martín Ochoa (Kevin, 65′).
Goles: 0-1, Niño, (31´); 0-2, Niño, (35´de penalti); 1-2, Mardones, (52´); 2-2, Ochoa, (62´); 3-2, Diego Gómez, (85´).
Se queres ver o encontro telo aquí…Un encontro digno de ver.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia