DEPORTIVO LICEO IGUALA O SEU RECORD DE VITORIAS DA HISTORIA DA LIGA DE HOQUEI.

O Liceo segue imparable e desta vez goleando.

 

Deportivo Liceo 10-1 Girona HC

Un cuarto de hora de asedio a porta xironense e chegaba o primeiro para o Deportivo Liceo, do stick de Marc Grau. Tras este gol o equipo liceista pasaríalle por enriba ao catalán con goles de Roberto di Benedetto, Ciocale e Oruste. 

Xa na volta de vestiarios os liceistas amosaron o seu poderío e quen manda nesta liga, para facerlle 6 máis aos do leste de España. Goles de Ciocale, (2), Dava Torres, (2), Roberto di Benedetto, e Marc Grau. Polos xironeses marcaba o gol da honra, Pujol, (era o 9-1).

Décima vitoria en 10 encontros, igualando o record da historia do clube que databa da tempada 1991/92, e que a vindeira semana poderá ser tumbado.

 

Deportivo Liceo : Carles Grau, Bridge, Oruste, Dava Torres, Platero, (cinco inicial), Bruno di Benedetto, Marc Grau, Ciocale, Roberto di Benedetto, Martín Garaboa.

Goles : 1-0, min 15: Marc Grau; 2-0, min 19: Roberto di Benedetto; 3-0, min 20: Ciocale; 4-0, min 24.30: Oruste; 5-0, min 26: Ciocale; 6-0, min 28 Dava Torres; 7-0, min 31: Marc Grau; 8-0, min 32: Dava Torres; 9-0, min 40: Roberto di Benedetto (penalti), 9-1, min 44: Pujol; 10-1, min 44.30: Ciocale.

Árbitros: Jonathan Sánchez, Isaac Sanz e Rubén Fernández .

 

-Foto portada : Deportivo Liceo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies