Deportivo Feminino 5-0 Parquesol
O Deportivo chegaba en doce a este primeiro encontro da Copa da raiña, trala goleada da pasada fin de semana no primeiro encontro de liga, ante todo un Rayo Vallecano, ao que lle endosaban un espectacular 4-0. Desta volta a competición era distinta, pero as sensacións foron as mesmas.
Millene abría o marcador aos 19 minutos de xogo, e ao fío do descanso, repetía, (44´), para poñer terra de por medio.
Tralo descanso, chegaban os primeiros trocos, Sara Navarro e Aroa Guerra entraron no lugar de Noela e Marta Charle. Xa a hora de encontro, co choque controlado, entraba Eva Dios por Laura Fernández, e pouco despois, Paula Novo por Raquel García.
Parecía que a cousa non iría moito a máis, pero o dominio das deportivistas comezou a converterse en goles. Millene facía o terceiro do equipo e da sua conta particular, que daba pé a levarse o balón firmado o final do choque, (77´), e pouco despois, Eva Dios facía o cuarto, (82´), e xa co tempo cumprido, (92´), Paula Novo, facía o da “manciña”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia