DEPORTIVO FEMININO 2-0 SE AEM : “AS RAPAZAS SEGUEN SUMANDO GOLES E TRUNFOS”.

 

Deportivo Feminino 2-0 SE AEM

Crónica do RC Deportivo : Seguir invictas en casa e enlazar dúas consecutivas nunha semana en Abegondo, xusto antes dun parón, era o reto do Dépor ABANCA para o partido ante o SE AEM. Ale Serrano por Carlota Sánchez, a única novidade no once de Miguel Llorente con respecto ao elixido de inicio sete días antes no mesmo escenario.

O primeiro cuarto de hora de partido foi un monólogo, polo menos de posesión e de pases, do Dépor ABANCA, aínda que só Jone desde a frontal ás mans de Laura e Gore alto desde moi lonxe conseguiron achegar o balón á zona de perigo visitante.

Un perigo, e moi elevado, que tiveron as catalás a partir do minuto 19 cun tiro ao traveseiro desde a frontal de Astudillo. Ana Valles tamén tivo que intervir de modo espectacular nun disparo raso cruzado de Gómez para meter a man e desviar a córner. Entre medias, Cris, de volea, estrelara o balón no pau de suxección da rede.

Un lanzamento frouxo de María Ruiz ás mans de Laura, un desviado de Pixu no man a man en área Deportivista e unha falta de María Ruiz que tratou de desviar Jone co tacón e que acabou nas mans de Laura, marcaron as idas e vindas no terceiro cuarto do primeiro tempo. Unha parte que se pechou co gol de Alejandra Serrano, que deixou botar o balón para pegarlle segundo caía e marcar un auténtico golazo polo recanto dereito da portería ilerdense.

Así se pechaba unha primeira parte con tres bloques de dominio e ocasións, local, visitante e alterno, moi claros.

A segunda parte arrincou como se pausara o encontro, con dominio alterno e chegadas sen excesivo perigo en ambas as áreas. Ata que unha xogada por banda dereita en liña de fondo de Laura Fernández, que tivo o enxeño para encarar á súa homónima baixo paus, serviu para deixar un rexeite franco a Alejandra Serrano que, con dureza, anotou o segundo tanto Deportivista para cambiar o panorama da media hora que quedaba por diante.

Jone, alto, tentouno xusto cando comezaban os primeiros movementos de banco. Un deles, Adule, nada máis entrar no campo, rematou de cabeza lixeiramente desviado á saída dun córner. O Dépor ABANCA soubo manter no último tramo do partido ao equipo visitante lonxe dos dominios dunha Ana Valles inédita no segundo tempo. O control do partido provocou varios encontróns como o que acabou coa visitante Miró coa cabeza vendada.

Con este triunfo, o Dépor ABANCA pecha coas mellores sensacións e resultados posibles unha nova etapa da temporada antes do parón da próxima fin de semana e a saída, en quince días, a tierrar rioxanas para enfrontarse ao Dux.

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez (Andrea Sierra, min. 90), Raquel García, Inés Altamira, Goretti Neira (Patri López, min. 90), Jone Ibáñez (Eva Dios, min. 71), Paula Gutiérrez, Ainhoa Marín, Laura Fernández (Carlota Sánchez, min. 60), María Ruiz e Alejandra Serrano (Adule, min. 71).

SE AEM: Laura, Beltrán (Miró, min. 62), Barbii, Iris, Pixu, Natalia, Dulce, Astudillo (Marta, min. 89), Gómez, Taber (Alexia Jr., min. 62) e Lisa (Caroline, min. 75).

Goles: 1-0 Alejandra Serrano (min. 45); 2-0 Alejandra Serrano (min. 53)

Árbitro: García Gómez (c. galego). Sen amoestacións.

Incidencias: partido da 6ª xornada de Reto Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante 500 espectadores.

-Foto e Texto : rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies