DEPORTIVO FEMININO 1-6 FC BARCELONA DERROTA PARA REMATAR O 2020 NA DESPEDIDA DE LÍA.

Lía, (der), abrazada polas compañeiras tralo pitido final.

 

DEPORTIVO FEMININO 1-6 FC BARCELONA

Non lle perdeu a cara o Deportivo Feminino o encontro en ningún intre, ante un FC Barcelona moi superior. Alba Merino no minuto 64, fixo o gol da honra deportivista e que representaba o 1-5, pero o encontro xa se decantou do lado catalán na primeira metade que remataba cun craro 0-4. Este encontro valeu para despedir a coruñesa Lía, que xogou de capitana e que tralo seu retorno de alén do mar xogou estes meses co seu equipo, para retornar aos seus estudos e deixar o equipo, como xa todos sabíamos.

Deportivo Feminino : Noé, Crís, Ainoa, Blanco, Villegas, Íris, Alba, Arbelae, Lía, Gaby e Atenhea. Tamén xogaron : Michelle, Helana e Bedoya.

-Foto ; RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

 

 

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies