DEPORTIVO FEMININO 1-0 SPORTING HUELVA : PRIMEIRA PEDRA HACIA A SALVACIÓN.

Alba Merino acadou o gol da vitoria.

 

Deportivo Feminino 1-0 Sporting Huelva

Un gol de Alba Merino aos 51 minutos de xogo, desataron a ledicia e soltaro os nervos dun Deportivo Feminino que poñe a primeira pedra da salvación da categoría, nunha tempada na que mereceu ter máis puntos no casilleiro dos que ten.

Ainda hai moito por diante, con 14 xornadas por disputar, pero este é un golpe de moral, ante un rival que marca os postos de salvación. Levou o peso do encontro o equipo deportivista na primeira metade, pero os nervos propiciaron erros, o máis perigoso foi o da saida dun balón por medio de Sullastres, que ela mesma solventou evitando o gol, que rematou Iris, salvando baixo paus. Era a mellor e única ocasión para as visitantes na primeira metade. Unha ocasión moi evitable e a causa da tensión do choque.

O gol chegou tras un saque de curruncho sacado por Alba Merino, que tras chegar o segundo pau, o balón retorna o área centrado por Patri, rematando a propia Alba Merino o fondo das mallas onuvenses.

Ata o final puido chegar o empate e o 2-0, pero non se movería o resultado, para ledicia das deportivistas e do deportivismo. 

Deportivo Feminino : Sullastres; Cris Martínez, Stephanie Blanco, Iris Arnaiz, Patri López; Ainoa Campo, Gaby García, Alba Merino, Eva Dios (Michelle Romero, min 85); Peke (María Figueroa, min 87) e Athenea.

 Sporting Huelva : Chelsea, Cinta Rodríguez, Claire, Mayra, Fisher, Dany Helena (Jeni Morilla, min 82), Pau (Paula Romero, min 46),Patri Ojeda, Castelló (Mikela Waldman, min 66), Yoko e Gey (Kanteh, min 56).

Gol : 1-0, Alba Merino, (51´).

 

PRÓXIMO ENCONTRO

Segundo infora o RC Deportivo : A Real Sociedad e a RFEF fixaron o horario do partido correspondente á 21ª xornada de Primera Iberdrola ante o Dépor ABANCA. O partido disputarase nas instalacións de Zubieta o vindeiro domingo 7 de marzo a partir das 11:00 h. Os Deportivistas poderán seguir o partido en directo a través de Gol.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia