DEPORTIVO E CONCELLO DA CORUÑA RECURRIRÁN A DECISIÓN DE SER EXCLUIDOS DO “CASO FUENLABRADA” POLA XUSTIZA.

 

Sorprenden unha vez máis as decisións contra o RC Deportivo, que como ben sabedes, fai uns anos foi excluido do caso dos amañps de partidos nos que era o único perxudicadoo cando se demostrou que Real Zaragoza e Levante amañaran o seu encontro e baixaba a segunda o equipo deportivista por golaveraxe, perdendo a condición de xogar na Primeira División e a baixada en ingresos de televisión, publicidades, etc. 

Agora, tal e como apuntan varios medios, o Xulgado Nº6 da Coruña, anunciou que tanto o RC Depoirtivo, coma o Concello da Coruña son excluidos do “Caso Fuenlabrada”, ao “non ser perxudicados” : “non pode reputarse ofendido ou prexudicado no ámbito penal, polo menos no estado actual da instrución penal e sen prexuízo do que poida resolver o órgano competente para continuar a investigación. E non pode ser considerado como tal á vista dos bens xurídicos protexidos polos tipos nos que, en principio, poderían ser subsumidas as condutas investigadas”, di o auto do caso.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey dixo nun acto púbrico na Coruña que : “Respectamos todas as decisións xudiciais e esgotaremos todas as vías en defensa dos intereses da posición do Concello da Coruña”, segundo informa “La Voz de Galicia”. Por outra banda o RC Deportivo ainda non se pronuciou pero segundo varios medios na rde : “estase a preparar un recurso contra a decisión xudicial”.

-Foto e Texto : piratasdemuxia