DEPORTIVO ABANCA 2-1 SEVILLA FC : “AS FÉMINAS RECUPERAN A SENDA DA VITORIA”.

Alba Merino fixo o primeiro da mañán.

 

Deportivo Feminino 2-1 Sevilla FC

Encontro que comezou coa lesión da colexiada principal, Arregui Gamir aos 2 minutos de xogo. Tras 6 minutos de parón retomouse o encontro nun abarrotado Abegondo e non tardaría en chegar o primeiro da mañán, Alba Merino de penalti,  batía a meta sevillista aos 11 minutos de xogo. Non durou moito a ledicia pois 11 minutos despois a sevillista Zdunek conseguía o empate. Non decaeu o equipo deportivista, que se gustaba sobre o terreo de xogo, e seguiría na procura do gol que as puxese por diante de novo. Pouco despois do gol Manu Sánchez tivo que facer o primeiro troco e Míriam con problemas, deixaba o seu sitio a Nuria, (23´). Non se moveu o marcador no descanso e foi no 50 cando Teresa Abelleira tomaba o timón do equipo para poñer por diante de novo o SuperDeportivo Feminino.

Pasada a hora de xogo Michelle deixaba o seu posto a Kika, (65´), para dar frescura o ataque e buscar a gol da sentenza. 

Deportivo ABANCA : Misa, Cris, María Méndez, Míriam, Villegas, Teresa Abelleira, Iris, Alba Merino, Gaby, Michelle e Peke.

Suplentes : Sullastres, (p), Mérida, Kica, Nuria, Laura, Erika, e María Calvo.

Goles : 1-0, Alba Merino, (11´); 1-1, Zdunek, (22´); 2-1, Teresa Abelleira, (50´).

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies