DEPOR-PRETEMPADA : BERGANTIÑOS CF 0-0 DEPOR : “BO TEST ANTE UN BO BERGANTIÑOS”

 

Bergantiños CF 0-0 Depor

Plantoulle cara o Bergantiños ao Depor con moita entrega e presión no medio campo e pechando as bandas. No que se refire a ocasións destacar un envío dende 30 metros de Nacho González, que xogou no medio do campo a carón de Álex Bergantiños, a cruceta da meta defendida por Santi Canedo. Adri Castro dispuxo dunha boa ocasión pero cruzou demasiado o balón. Por parte dos carballeses destacar un bo tiro, pero froxo a ras de céspede, que parou sen problemas Lucho García. Destacar no equipo local a Marcos Remeseiroque amosou detalles da calidade que atesoura.

Na segunda metade saeu moi ben o equipo carballés que protagonizou as duas mellores ocasións deste segundo periodo. Tentouno o Depor pero topouse cun equipo moi rochoso e presionante. No treito final houbo unha xogada polémica, con falta primeiro fora do área por parte dun xogador local e na continuación penalti a favor do mesmo que Pablo Martínez non sinalou. Ata o final tratou de buscar o gol o conxunto deportivista e o Bergantiños a contrta. Chegou un de Beauveu a centro de Keko Gontán pero foi anulado por fora de xogo. 

Bo test no que o equipo se topou con complicacións tanto na saida do balón como a hora de crear, e ata se veu dominado as veces. Queda moito por facer e un par de semanas para que comece a competición. Resultado xusto ante 320 siareiros que puideron ver as evolucións de ambos equipos. Destacar dos árbitros que había dous costeiros nas bandas, Adrián Pérez e Pablo Rama.

Bergantiños CF, (equipo inicial) : Santi Canedo, Diego Vela, Abel Martínez, Iago López, Aarón Rama, Jorge Cano, Concheiro, Diego Uzal, Marcos Remeseiro, Martín Lamelas e Duque,

Depor, (equipo inicial) : Lucho, Bóveda, Mujaid, Borja Granero, Salva Ruiz, Valín, Álex, Nacho González, Héctor Hernández, Miku e Adri Castro. Na segunda metade entraron : Carlos Abad, Juan Rodríguez, Borges, Gandoy, Keko e Claudio Beauvue por Lucho, Mujaid, Granero, Salva Ruiz, Miku e Adri Castro

Goles : 0-0 

 

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies