RC Deportivo Xuvenil 4-0 Pogon Szczecin
Saeu como unha moto o equipo xuvenil deportivista e cando ainda non se cumprira un minuto de xogo xa acadaba o primeiro saque de curruncho, e 3 minutos despois Nájera mandaba un balón a madeira. O acoso deportivista era total, e ata pediron dous penaltis consecutivos, e aos 10 minutos de xogo gran xogada de Mella que centra e o seu centro que ía franco para Rubén López, era introducido por un rival en propia porta.
O propio Mella tiña un par de ocasións antes de que chegase o segundo da tarde, cun disparo do propio Mella a madeira, que él mesmo recollía, centraba e Guerra facía o 2-0. Pouco despois Manu Rivas abandoaba o terreo de xogo indisposto e entraba no seu eido Teijo.
No “Show Mella”, este centraba para que Nájera fixera o terceiro. Antes do pitido de final da primeira metade, Mella, (omnipresente), buscaba o cuarto de vaselina ante a saida do meta polaco, para pechar unha primeira metade de ensoño.
Na segunda metade saeu con máis control o equipo deportivista, sen ir en tromba a por todas, máis repregado, e puido chegar o cuarto noutra boa chegada de Mella, e seguidamente chegada perigosa dos visitantes que curtou a zaga deportivista.
Pouco a pouco foiselle notando o cansanzo o equipo branquiazul e Manuel Pablo tirou de trocos para osixenar, o que fixo que voltasen a ir colléndolle o tono o choque e irse aproximando e rozando a remontada, que non chegou ata o 91, cun tanto do fisterrán Hugo Baldomar que evitaba os lanzamentos dende o punto de penalti, xa que a nova normativa deste torneo eliminou o da prórroga tras empate o final do encontro, e o do valor dobre dos goles fora.
Agora os rapaces, que tiveron o apoio de 8.522 deportivistas (a asistencia maior da historia da competición nas eliminatorias e 7ª no total), xogarán fronte ó Maccabi Haifa FC israelí. O partido de volta xogarase o 24 dese mesmo mes en Israel, na segunda rolda da UEFA Youth League.
Goles : 1-0, Bialczyk, (propia porta, 10´); 2-0, Víctor Guerra, (28´); 3-0, Nájera, (31´); 4-0, Hugo Baldomar, (91´).
Trocos
No minuto 61 : Padín e por Mella e Pablo Trigo por Noel.
No minuto 71 : Mario Domínguez por Nájera e Hugo Baldomar por Nacho Díaz.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia