Hoxe a partires das 21:00 horas en Riazor co Depor-Levante comeza a 9ª tirada da liga da 1ª División Española de Fútbol. Volve o Depor a Riazor e segue cun par de debes no seu haber, o primeiro e crucial para chegar a bo porto cos encontros é manter a porta a cero, algo que ainda non vimos nas anteriores xornadas, a pesares das moitas mans salvadoras que leva Leo Román único xogador que leva xogados tódolos minutos de liga que se levan disputados.
A outra necesidade é estar máis certeiros de cara a gol, pois parece que ante nós tódolos porteiros se agrandan, o que se soe decir “facémolos internacionais”. Os metas do Valencia, Getafe, Sevilla, Betis e Real Sociedad, foron ou MVP do encontro contra os deportivistas, ou o mellor xogador do seu equipo. Eso quer dicir que tiramos moito a porta e marcamos moi pouco, tan só 12 goles en 8 encontro, e dous deles foron en propia porta. Recibimos 11, deles 3 contra a Real e 2 contra o Villareal.
Cóstanos moito marcar a pesares de ter un volume considerable de oportunidades e márcannos con moi pouco. A excepción do Elche que nos asediou en Riazor e o Málaga, idem de lienzo na Rosaleda, o resto dos equipos foron inferiores a nós, pero con pouco polo menos empataron.
Hoxe haberá unha nova proba para ver se matamos estas duas necesidades, a de que non nos marquen e a de que marquemos. Faltan homes gol coma Aubameyyang, (5 goles), e Chouri, (1), da parte ofensiva pero o resto deben dar un paso adiante, caso aparte o de Soriano, que anda nos seus números, sen ser dianteiro.
O noso once
Este sería o noso once para o encontro desta noite : Leo Román; Ximo Navarro, José Giménez, Bright Ede, Giacomo Quagliata; Adama Traoré, Diego Villares, Mario Soriano, Yeremay, Luismi Cruz e Nsongo Bil.
A dúbida maior é a posición de Villares ou Riki, a falla da baixa de Amatucci polo vermello que veu en Anoeta.
–
-Foto : Captura arranxada con IA
-Texto : Xosé Búa
–
